O luns 23 de setembro, dentro das iniciativas da Semana polo clima tivo lugar un minuto de silencio entre todos os integrantes do instituto, no Souto, para concienciarnos da importancia de coidar o noso planeta.
O luns 23 de setembro, dentro das iniciativas da Semana polo clima tivo lugar un minuto de silencio entre todos os integrantes do instituto, no Souto, para concienciarnos da importancia de coidar o noso planeta.
Organizado polos departamentos de Ciencias o alumnado de 3º da ESO acudiu este luns, 6 de febreiro, até A Coruña para visitar o Acuario e o Domus, onde estiveron moi entretidos realizando distintas unidades didácticas que alí lles foron indicando. A experiencia foi moi positiva xa que sempre é satisfactorio comprobar os coñecementos científicos aplicados á realidade.
Desarrollo vegetal de las lentejas | IES Pedras Rubias
afxzbynrxcz
[url=http://www.gy95hdrtw8r9998sow51d21hv951s22xs.org/]ufxzbynrxcz[/url]
fxzbynrxcz http://www.gy95hdrtw8r9998sow51d21hv951s22xs.org/
O pasado venres 16 de decembro os alumnos de 1º de ESO fixeron unha visita a Naturnova. Naturnova é un centro interactivo de educación ambiental. Durante o transcurso da mesma percorreron as tres salas das que consta adicadas ó Universo, o planeta Terra e o ser humano e o seu medio. Na sala do Universo descubriron curiosidades sobre os planetas ou a posición dos mesmos nunha data determinada. Na sala adicada á Terra, coñeceron a biodiversidade que habita nela ou mesmo crearon un tornado. Na derradeira sala, a do ser humano e o seu medio, aprenderon a importancia da reciclaxe ,as formas de enerxía máis limpas…..A visita rematou coa entrada ó simulador dun submarino.
Os alumnos disfrutaron dunha xornada didáctica e lúdica onde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos na materia de Bioloxía.
O 14 de outubro algúns alumnos/as de cuarto da ESO participaron nesta actividade na Fundación Barrié de Vigo.
Os superheroes son personaxes case que mitolóxicos que se converteron en iconas da nosa sociedade. Existen de todo tipo e os seus poderes son moi diversos, pero, soportan unha análise científica as súas capacidades?
Mediante proxeccións de fragmentos de filmes e cómics descubriremos os problemas que comportan os superpoderes e por qué non debemos temer moitos dos viláns xurdidos do maxín dos escritores de cómic e os guionistas de cine.
Os poderes dos distintos personaxes permitirannos tratar aspectos da física, química, bioloxía ou matemáticas que habitualmente quedan restrinxidos ás clases da materia. Flash, Superman ou Spiderman ayudarannos no noso percorrido polo engaiolante mundo da ciencia.
De forma complementaria levaremos a cabo experiencias que ilustren as explicacións. Descubriremos a presenza de uranio en obxectos cotiáns, transmitiremos sons a través de voluntarios e comprobaremos a fe na ciencia do público con “arriscadas” experiencias -como rachar ladrillos sobre o seu corpo sen lles provocar danos-, desmontando algúns dos mitos científicos máis habituais entre os estudantes.
O xoves 26 de abril os alumnos/as de 1º da ESO visitaron na Casa da Cultura de Salceda de Caselas a Exposición de Galicia Biodiversidade. Na exposición se trataron os diferentes hábitats coas especies que o integran, así como a importancia na preservación dos mesmos coa fin de manter a biodiversidade e evitala extinción de especies.
Máis información no seguinte artigo de prensa:
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/exposicion-galicia-biodiversi...
Todo un privilexio para o noso instituto, e especialmente para os alumnos de 4º de ESO, que o xoves 26 de abril asistiron a unha charla científica sobre o "xatcobeo" por parte do ex-alumno Darío Hermida e un dos máis importante enxeñeiros que participou neste proxecto galego do que a continuación vos damos máis información, para que sexades conscientes do privilexio que tivemos:
O Xatcobeo, coñecido ao primeiro como Dieste, é un proxecto de desenvolvido por un equipo de varios departamentos da Universidade de Vigo en colaboración coInstituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. . Foi lanzado o 13 de xaneiro de 2012 mediante o foguete Vega dende o centro espacila de Kourou na Güaina Francesa. O Xatcobeo é o primeiro satélite galego e ten como misión a investigación da mellora nas comunicacións por satélite.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |