2015/16

Tamen Len... en maio con Helier e Marcos

Helier e Marcos hai uns anos foron antigos alumnos e agora xa son profesores en prácticas, o primeiro de Educación Física e o segundo de Bioloxía. Polo que se ve, decidiron seguir este camiño que non é tan fácil como parece dende fóra, e aquí están entusiamados co seu futuro. Temos que agradecerlles que quixeran compartir na nosa Biblioteca e coa mocidade actual que aquí acudiu no recreo interesada e disposta a pasar un bo rato, uns relatos que elixiron do libro "Made in Galiza" de Sechu Sende: O ladrón de palabras, Falar, Unha palabra común, O paracaídas, Nin en soños vou perder a miña lingua, Estou contigo,que leron alternativamente con moita arte, deixando clara a súa postura en defensa da lingua galega que debemos coidar, como expresaron na introdución que fixeron para explicar as lecturas que seleccionaron e que tanto nos gustaron.

Máis información no blog da Biblioteca

Tamen Len... en maio con Helier e Marcos

Tamen len... en abril con Lorena Pérez

O pasado martes 26 estivo connosco a antiga alumna Lorena Pérez para ler uns capítulos de "Ollos de auga" de Domingo Villar, lectura que elixiu ela mesma por considerar que é un libro entretido para recomendar, ademais de traerlle gratas lembranzas daquela visita do autor hai anos.

Máis información no blog da biblioteca

Tamen len... en abril con Lorena Pérez

Tamen Len... en marzo con Vanesa Viñas

O 31 de marzo visitounos a fisioterapeuta Vanesa Viñas, que ademais de lernos uns fragmentos do libro "El niño con el pijama de rayas" de John Boyne, deunos variados consellos para cuidar o noso corpo.  Foi unha sesión moi interasante na que espíritu e corpo foron agraciados coas palabras da nosa invitada. Unha mágoa que por problemas técnicos non puidesemos recoller dita gravación.

Tamen Len... en marzo con Vanesa Viñas

Paz Antón e o Doutor Zunzunegui

            Convidamos a Xosé Ramón Paz Antón para que nos presentara o seu libro sobre O DOUTOR ZUNZUNEGUI.

            Paz Antón é historiador, pintor, deseñador, músico, escritor, político …

            En 1980 fundou o grupo musical Na Lúa, co que chegou a editar oito discos  entre 1985 e 2001, ano da súa disolución: Na Lúa (1985), A estrela de Maio (1987), Ondas do mar de Vigo

Visita aos Pazos

 

 

(27 E 28 DE ABRIL DE 2016)

            Como xa é tradicional, en abril os alumnos/as de 4º ESO visitamos Pegullal, Avalle e Picoña, os nosos pazos: espazos privados abertos polos seus propietarios  para nós; deferencia que agradecemos.

            Móvenos o desexo de coñecer ben os elementos patrimoniais do noso entorno, de familiarizarnos coa arquitectura pacega (complexos que conxugan ben a construción residencial con áreas de lecer, edificacións funcionais e aspectos simbólicos de relevancia)  e imaxinar o modo de vida fidalgo nos séculos de apoxeo, así como percibir o significado da súa decadencia e as diversas estratexias e situacións actuais de conservación ou recuperación dos edificios; ao mesmo tempo é ocasión inmellorable para introducirnos na heráldica.

 

            A visita foi unha situación, un intre, de aprendizaxe (recollemos datos, anotamos detalles, inscricións...), pero tamén de convivencia, axudados polo bo tempo primaveral.

 

            Sen embargo, faltábanos a presenza querida do profesor Manuel Prego Español, experto guía que nos acompañou en tantas ocasións, ilustre e apaixonado defensor e divulgador das nosas antigüidades; amigo xeneroso.

“Todo se ha dormido.

Se ha dormido todo. La ventana. Y la nieve en la ventana (...)”

(Joseph Brodsky)

                       

Powered by Drupal - Design by artinet