2014/15
Tamén len... en xuño os nenos e nenas do CRA A Revolta
Tamén len... cos candidatos/as á alcaldía
Tamén len... en marzo con Pablo
Actividade creativa "Clases Sen Fume" curso 2014/2015
Aulas sen fume 1ºA
Aulas sen fume 1ºC
Exames de Pendentes do mes de maio
CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
Recordámosvos que os exames de materias pendentes de cursos anteriores correspondentes á convocatoria de xuño terán lugar do 25 ao 29 de maio tal e como se indica no horario adxunto. Como xa sabedes a principios de curso se lle deron a cada alumno/a as indicacións e o material necesario para preparar ditos exames.
Insistimos na importancia de preparar estas probas xa que para acadar o Título da ESO, salvo excepcións, hai que ter aprobadas todas as materias de todos os cursos da etapa. Para calquera outra información non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES
DÍA |
MATERIA |
HORA |
AULAS |
LUNS 25 |
PLÁSTICA |
9:20/10:10 |
Plástica |
INGLÉS |
10:10/11:50 |
Salón de actos |
|
EDUCACIÓN FÍSICA |
12:20/13:10 |
Pavillón |
|
MARTES 26 |
CCNN / BIOLOXÍA |
10:10/11:50 |
Salón de actos |
TECNOLOXÍA |
12:20/14:00 |
Salón de actos |
|
MÉRCORES 27 |
LINGUA CASTELÁ |
8:30/10:10 |
Salón de actos |
FÍSICA QUÍMICA |
10:10/11:50 |
Salón de actos |
|
LINGUA GALEGA |
12:20/14:00 |
Salón de actos |
|
XOVES 28 |
MÚSICA |
9:20/10:10 |
Aula de Música |
CCSS/ CIDADANÍA |
10:10/11:50 |
Salón de actos |
|
VENRES 29 |
RELIXIÓN |
9:20/10:10 |
Salón de actos |
MATEMÁTICAS |
10:10/11:50 |
Salón de actos |
|
FRANCÉS |
12:20/14:00 |
Salón de actos |
Salceda de Caselas, 13 de maio de 2015
A DIRECTORA
Asdo.: María José Espiñeira Costa
Ruta literaria: "O alento nas costas"
O luns 13 de abril os alumnos/as de 3º da ESO foron de ruta literaria por Rianxo e os seus arredores seguindo as pegadas de Natalia Carou, autora do libro "O alento nas costas", que previamente leran na clase. Toda unha aventura, e moi interesante compartir vivencias coa propia autora nos mesmos lugares onde transcorren os feitos.
Lección de vida
O pasado 17 de marzo catro xeracións sentaronse no escenario do salón de actos do noso instituto. Emilia Perez, que aos seus cen anos de idade é a muller máis lonxeva de Salceda de Caselas, acudiu acompañada pola súa filla, a súa neta Beatriz e a súa biznieta Paloma, que é alumna do centro. O departamento de Orientación organizou esta actividade para conmemorar o Día da Muller Traballadora e ofrecer aos alumnos/as a testemuña viva dunha veciña loitadora. Os estudantes escoitaron con moita atención as anécdotas de Doña Emilia, que foi capaz de sacar adiante a súa familia nos duros tempos da posguerra.
Entrega de premios
Entregamos o primeiro premio do sorteo de Andorra dos alumnos de 2º de ESO......noraboa!!!
Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva
Prazo de solicitude: do 17 de marzo ata o 16 de abril (ambos incluídos)
Información en http://www.edu.xunta.es/web/node/14565