Chega maio, e un ano máis o departamento de galego convoca o seu concurso de relato breve. Anímate a participar, tes as bases na imaxe adxunta. Lembra que o prazo remata o 30 de maio, e que o teu relato debe comezar con estas palabras de Lois Pereiro: "Calculou ben o impulso e deu o salto..."