XV XORNADA DE ESCULTURAS DE AREA na praia da Lanzada
Organizada polo IES Monte da Vila
22 de maio de 2019
O alumnado de 3º ESO participou nunha xornada de convivencia con arredor de 800 alumnos e alumnas de secundaria de centros educativos de toda Galicia.
Despois de traballar en clase de Educación Plástica, Visual e Audiovisual o tema proposto para este ano _a Arte Africana_, fomos á praia a realizar en area e en gran formato as nosas propostas de aula. Velaquí unha mostra de como comezamos...:
Logo dunhas intensas horas de traballo, así quedou a cousa...:
E despois de tanto traballo, por suposto, tempo para descanso e coller folgos:
Pero non pensedes que quedaron así de secos e secas!! Preguntádelles que tal lles sentou o chapuzón primaveral en augas atlánticas!!!
Por certo, entre tanta rapazada, tamén tivemos a sorte de reencontrarnos, con moita ledicia, con Diana, exalumna do Pedras Rubias.