DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro cumpríronse 182 anos do nacemento de Rosalía de Castro, un dos piares imprescindibles no Rexurdimento poético da nosa lingua. Para celebralo, no IES Pedras Rubias fixemos o concurso Haikus para Rosalía. Os participantes debían presentar un poemario composto por cinco haikus, como mínimo , con vocabulario de Cantares Gallegos. Opcionalmente, podían ir acompañados dun haiga, unha ilustración relacionada coa temática tratada.

O luns 25 de febreiro penduramos un cadro coa figura da escritora, realizado por Lara Lars coa técnica de collage e lemos algúns dos haikus premiados presentados a dito concurso.

 

A sensación,

de acariñar as nubes,

ou a túa man.

 

Constantes lúas

enrugaron a pel,

pero nunca a alma.

 

Noite de lúa

ollos cheos de bágoas.

Avó, onde estás?

 

É o lóstrego

quen causa ese tremor

é o meu medo.

Posta de sol

fas que perda a razón

se volve a lúa.

 

Aínda sinto

as follas secas baixo

os meus dedos.

 

Na beira do mar

mar lonxe e mar quedo

os ollos que observan

 

Van entre nubes

paxariños do amencer

lévaos o vento.

 

O xurado non o tivo fácil para seleccionar os gañadores/as. Logo de moito deliberar, acordou proclamar vencedores/as aos seguintes alumnos/as:

 

 MELLORES POEMARIOS:

 

  • 1º PREMIO: TESSA e ROMA
  • 2º PREMIO: MIAU
  • 3º PREMIO: XEITOSIÑA

 

PREMIO AO HAIGA OU ILUSTRACIÓN: GOLDEN

 

Noraboa!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Powered by Drupal - Design by artinet