Transplantes e doazón de órganos

O pasado luns 7 de Febreiro os alumnos de 3º de E.S.O. xunto cun grupo de 4º de P.D.C.asistiron á charla impartida por un médico da unidade de coordinación e trasplantes do Hospital Meixueiro de Vigo.

    A charla iniciouse cun breve repaso á historia dos trasplantes dende o primeiro trasplante de corazón levado a cabo polo doctor Barnard en Sudáfrica  nos anos 60 ata ós nosos días.A continuación o ponente concienciou á audiencia da importancia de ser donante de órganos e explicou detalladamente a lista de órganos e tecidos que podemos doar ben sexa en vivo ou de mortos así como as causas de morte cerebral. Asimesmo destacou que España encabeza a lista de países con máis doantes e máis trasplantes do mundo.

    A derradeira parte da charla,Celso, un home trasplantado de fígado hai 14 anos contou cómo lle cambiou a vida dende que recibiu o novo órgano. Nos últimos minutos abriuse un turno de preguntas na cal participaron activamente os alumnos.

    En canto á valoración da charla por parte dos alumnos éstes pensan que foi interesante pero que debería ser máis interactiva, fíxoselles un pouco longa a explicación do médico. Destacan como moi interesante a intervención do trasplantado.

O pasado luns 7 de Febreiro os alumnos de 3º de E.S.O. xunto cun grupo de 4º de P.D.C.asistiron á charla impartida por un médico da unidade de coordinación e trasplantes do Hospital Meixueiro de Vigo.

   

Transplantes e doazón de órganos

Powered by Drupal - Design by artinet