Este mes tivemos un Tamén len moi animado, e moi futbolístico. Contamos coa presencia do exalumno Rafa Pérez Cabaleiro, moi pronto toda unha estrela do balompé. Despois de pasar uns anos no Real Madrid esta temporada retornou a súa casa, ao Celta, para intentar acadar o soño de todo rapaz amigo do balón: xogar en primeira división.
Ademais de ler o relato "La pata de palo" de Espronceda fixemos un pequeno repaso das súas experiencias e aproveitamos para que nos comentara a súa opinión sobre famosos como Casillas, Raúl, Ronaldo, ou o mesmo Mourinho.
De momento aínda non temos ningunha foto súa coa camisola celeste.
![Tamén len... en xaneiro Tamén len... en xaneiro](https://www.edu.xunta.gal/centros/iespedrasrubias/?q=system/files/images/rafa.jpg)