Coincidindo co día dos Dereitos do Consumidor realizáronse unha serie de actividades co alumnado de 1º da ESO na clase de matemáticas, coa finalidade de informalos e conciencialos de cara a un consumo responsable.
Trátase de que coñezan as etiquetas e a información que nos deberían aportar, así como os ingredientes e valores enerxéticos que conteñen algúns dos alimentos inxeridos por eles de forma habitual.
Aproveitamos para aplicar o cálculo de regras de tres e porcentaxes ás mesmas.
![15 de marzo: Día dos dereitos do consumidor 15 de marzo: Día dos dereitos do consumidor](https://www.edu.xunta.gal/centros/iespedrasrubias/?q=system/files/images/consumo.jpg)