8 de marzo: DÍA DA MULLER

No IES Pedras Rubias reinvidicamos o Día da Muller cunha serie de actividades ao longo destas semanas das que iremos dando conta. Comezou o día coa visita da escritora Mª Sol Ortiz de Zárate, pero o acto central desta celebración foi no patio exterior ás 12:30 coa lectura duns poemas e de textos escritos polas nosas alumnas nas que reivindicaban a igualdade ao tempo que invitaban aos seus compañeiros a loitar pola igualdade real. Rematou o acta cun fermoso baile. Todo o acto foi organizado polo propio alumnado do centro.

8 de marzo: DÍA DA MULLER

Powered by Drupal - Design by artinet