Dende o luns 6 de febreiro ate o venres 10 participaremos no “Plan de Froita nas Escolas” polo que cada día se lle facilitará ao alumnado unha peza de froita fresca para consumir durante o recreo. O obxectivo de dito plan é, a curto prazo, potenciar o consumo destes produtos pola xuventude e, a longo prazo, tratar de desempeñar un papel pedagóxico nos hábitos alimentarios, constituíndo unha auténtica acción educativa destinada a fomentar nas escolas o hábito de consumo de froita. Durante os meses de abril e maio participaremos novamente neste Plan cun novo reparto gratuíto de froita fresca durante unha semana.