Tamén len... en marzo con Pablo

O pasado venres 10 de abril tivemos un "Tamén Len” moi teatral. Visitounos Carla Pérez, secretaria do alcalde de Salceda, que encheu a nosa biblioteca Calixtina de perrucas, traxes coloristas, e variados obxectos para escenificar a obra “O chourizo enmascarado” de José Cedena.
 
Algúns profesores víronse obrigadoS a colaborar, representando algún dos personaxes da obra, o que fixo que a risa dominase ao público asistente, en parte polo enredo da obra, en parte polo feito de ver a algúns dos seus profesores na pel de personaxes estrafalarios como un ladrón, un arxentino, a súa muller e a súa filla, que seica namorou do ladrón... Situacións absurdas para un “tamén len” orixinal, habituado a moverse entre o verso e a prosa dos relatos, que esta vez adoptou a linguaxe e os códigos dramáticos buscando facer da lectura algo dinámico, divertido e participativo.
Tamén len... en marzo con Pablo

Powered by Drupal - Design by artinet