Tamén len, en febreiro... con alumnos/as de Altamira

Aínda que correspondía ao mes de Febreiro a presencia dos alumnos/as de 4º de primaria de Altamira tivo lugar o 1 de marzo.

Para comezar a sesión como ven sendo costume, Samuel (4ºC), Toti (4ºA) e Andrea (1ºA) demostraron o seu bo facer musical.

E de 4º da ESO pasou o relevo aos rapaces de 4º de primaria que, aínda que logo nos comentaron que estaban un pouquiño nerviosos, leron como verdadeiros/as narradores/as profesionais os textos que escolmaran coas súas profesoras na aula: fragmentos de "Down" de An Alfaya, o poema "Mariposa del aire" de Federico García Lorca, o episodio da loita cos muiños de vento de "Don Quijote de la Mancha", os poemas "Adiós ríos, adiós fontes" e "Castellanos de Castilla" de Rosalía Castro, un relato de "Cuentos para niños perversos" de Roald Dahl e un fermosísimo poema sobre a fala de Manuel María.

Máis información no blog da Biblioteca

Tamén len, en febreiro... con alumnos/as de Altamira

Powered by Drupal - Design by artinet