O luns 14 de maio os alumnos/as de 3º e 4º da ESO puideron asistir a unha charla moi especial e que nos tocou a todos a sensibilidade ao tempo que nos fixo un pouco máis comprensivos coas doenzas da xente, neste caso concreto, con toda a problemática derivada da sida. Xulia Alonso relata nesta novela o seu sufrimento provocado por esta enfermidade e as súas consecuencias mortais. Unha lección de fortaleza e loita pola vida.