Magosto Terrorífico 2024

 

MAGOSTO TERRORÍFICO 2024

O xoves 7 de novembro celebramos o magosto terrorífico, fusión de dúas festas tradicionais e próximas no tempo: o magosto e o samaín.

 Nos días previos, nas aulas de Lingua Galega falouse do magosto tradicional galego e da Santa Compaña.

Desde comezos de semana toda a comunidade educativa se involucrou coa actividade. Por un lado, o profesorado e persoal non docente trouxo leña, picou castañas... e; polo outro, o alumnado, que tamén trouxo castañas, fixo cucuruchos, foi traendo calacús e receitas escritas elaboradas con produtos de outono (castañas, noces, calacús...).

                   

O mércores 6 o alumnado aportou as sobremesas correspondentes ás receitas escritas. Logo da valoración do xurado, o alumnado puido degustar os doces proporcionados.

O xoves 7, desde as once e media ata as dúas, o alumnado, organizado por niveis, saíu andando en procesión a modo de Santa Compaña ata o Muíño Pantel. Alí atopáronse cun escenario terrorífico decorado con elementos de medo (candeas, cirios, ataúdes…) onde profesorado voluntario, algún agochado dentro do propio muíño, os agardaba para representarlles unha pequena obra de teatro, titulada O murmurio do muíño dos esquecidos, e meterlle sustos.

                            

Ver vídeo.

Ver vídeo.

Ver vídeo.

De regreso ao instituto, desfrutouse do tradicional magosto no campo de terra, amenizado con música tradicional interpretada polo propio alumando do centro e dirixida polo departamento de Música. Ver vídeo.

      

Ademais, o departamento de Educación Física organizou e coordinou unha ximcana de xogos tradicionais (carreira de sacos, ra, pano, brilé…).   

       

Premiouse a aula que máis respectou as bases da convocatoria e que mellor organizou a actividade atendendo aos catro aspectos seguintes: calacús, receitas escritas, sobremesas elaboradas e procesión da Santa Compaña. Resultou ser 3º D. O premio consistirá nunha xornada de xogos populares no patio do instituto acompañada de merendola ou chocolatada na cafetaría.

Parabéns! Fixestes un gran traballo!!

 

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet