Día das Bibliotecas 2024
Para conmemorar o día das Bibliotecas, o xoves 24 de outubro alumnado voluntario do equipo de Biblioteca levou a cabo un programa especial de radio, no que se recitaron cantigas populares galegas e se escoitou música tradicional.
O motivo desta escolla foi querer comezar a abordar a candidatura elixida para a celebración das Letras Galegas 2025, o cancioneiro popular galego, coa que se pretende render unha homenaxe ás mulleres cantareiras do país: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; a pandeireteira de Muxía, Eva Castiñeira; e as pandeireteiras de Mens (Malpica), Prudencia e Asunción Garrido, e Manuela Lema.
As cantigas recitadas foron as que seguen:
“Ondiñas veñen e van” (Diana Estévez de 4º A e Pilar Cabaleiro de 4º B).
“Apagha o candil Marica, chus, chus” (Marta Fernández e Adela González de 1º C).
“O Sancristán de Coímbra” (Irene Iglesias de 2º B).
“Para vir a xunta min” (Sabela Comesaña de 1º D).
“Na beira do mar” (Candela Fernández de 1º D).
“Catro vellos mariñeiros” (Antía Estévez de 3º C).
“A raíz do toxo verde” (Manuel Martínez de 3º C).
“Non te namores, meniña” (Nerea Mouco de 4º A).
“Miña nai, miña naiciña” (Noa Fernández de 4º C).
“Eu son mariñeiro” (Joel Alfonso de 1º A).
“Vira vira” (Eva Cabaleiro de 4º C).
Agradecémoslle a axuda técnica recibida por parte do profe Rubén e dos alumnos Lucas e Iago, sen os cales non sería posible facer esta actividade.
Agardamos que fose do voso agrado e gozásedes tanto coma nós. Ata a próxima!!
Podedes volver velo neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=w6RxAqjOFO0