Convocatoria EDUMOB de intercambio individual en réxime de reciprocidade

FRANCIA

XA ESTÁ PUBLICADO NO TABOLEIRO PRÓXIMO A CONSELLERÍA A BAREMACIÓN FINAL DAS SOLICITUDES  PARA PARTICIPAR NESTA CONVOCATORIA

 

                                 Para alumnado de 1º de Bacharelato que cursa a materia de “Francés”

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: até o martes 28 de novembro, incluído

 As solicitudes presentaranse na Secretaría do IES Pedras Rubias

 Posteriormente haberá un selección dos centros que participarán no programa entre todas as solicitudes presentadas polos centros públicos de ensino galegos.

 a) Características do programa.

 O alumnado que reúna os requisitos correspondentes participará neste programa de intercambio lingüístico en réxime de reciprocidade  coa rexión do Grand Este de Francia durante un período de catro semanas durante este curso 2023/24. Alí acudirá as clases ao centro de ensino asignado e será acollido pola familia dun alumno/a francés. Así mesmo o alumnado participante acollerá no seu domicilio e no seu centro de ensino ao alumnado francés durante outras catro semanas. A cada centro que sexa escollido asignaráselle un máximo de seis prazas.

 b) Público ao que vai dirixido.

  REQUISITOS:

 -Estar matriculado en 1º de bacharelato.

 -Cursar “Francés” neste curso.

 -Ter superadas todas as materias de 4º da ESO.

 -Ter unha nota media mínima de 7 no expediente da ESO.

 -Ter unha nota mínima de 7 na materia de Francés en 4º da ESO.

 -Ter cursado Francés alomenos durante catro cursos ou ter un nivel B1 en lingua francesa.

 -Ademais deberase contar con DNI/NIE ou pasaporte; tarxeta sanitaria de cobertura europea (TSE) ou un seguro de cobertura para o período do intercambio; autorización familiar conforme o Anexo I; aceptar os acordos e compromisos conforme o Anexo IV; e aceptar as bases da presente convocatoria.

 c) Procedemento e criterios de selección.

 Deberán presentarse as solicitudes do alumnado interesado na secretaría do IES Pedras Rubias até o martes 27 de novembro, incluído, presentando a documentación que se indica no punto seguinte.

 Haberá unha comisión que valorará as solicitudes recibidas e clasificaraas por orde de puntuación seguindo os criterios establecidos no Anexo II.

 Publicaranse posteriormente e as seis solicitudes de maior puntuación serán incorporadas a solicitude de Participación no Programa EduMob que fará o IES Pedras Rubias para poder optar a participar finalmente neste programa.

 d) DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBERÁ PRESENTAR.

 Cada alumno/a deberá presentar unha única solicitude que inclúa a seguinte documentación debidamente cuberta:

 a) Anexo I. Solicitude de participación.

 b) Anexo II. Baremo, achegando a documentación acreditativa dos méritos alegados que non consten na secretaría do centro.

 c) Anexo III. Declaración de datos de saúde.

 d) Anexo IV. Condicións de participación e obrigas.

 Podes acceder aos diferentes Anexos premendo sobre cada un deles.

A convocatoria completa neste ENLACE.

 

AdxuntoTamaño
Anexo I Solicitude de participación.pdf254.05 KB
Anexo II Baremo.pdf1.07 MB
Anexo III Declaración de datos de saúde.pdf1.07 MB
Anexo IV Condicións de participación e obrigas.pdf1.07 MB
resolucion_edumob_23_24.pdf442.61 KB

Powered by Drupal - Design by artinet