Unha delegación de profesores, alumnos, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial desprazáronse a Madrid o sábado 28 de outubro, convidados polo Museo Nacional de Antropología, para mostrar o modelo de por Ponte...nas ondas! (PNO!), que foi inscrito no rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.O acto tivo lugar no Auditorio do museo.
O programa amosou a fórmula de Ponte... nas ondas!: educación, comunicación, patrimonio e tics.
Tres alumnas do noso instituto, Lúa, Ainhoa e Alejandra, habituais de Ondarraia, a nosa emisora escolar, foron as encargadas de conducir o “radiovisual” como locutoras e entrevistadoras.
Podes ver o programa no seguinte enlace: Programa
Información no Faro de Vigo e en Código Cero.