Eleccións ao Consello Escolar. Curso 24-25

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. Curso 24-25

 

Este curso toca a renovación parcial dos membros do Consello Escolar. O procedemento desenvolverase ao longo dos meses de outubro e novembro tal e como vos iremos informando neste espazo.

Animádevos a participar!!

1 Convocatoria renovación Consello Escolar 24-25

2 Información inicial familias-Sorteo da Xunta Electoral 24-25

3 Composición Xunta Electoral

4 Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar 24-25

5 Calendario Xeral do Proceso electoral 24-25

 

 

 6 Censos Electorais: están publicados no taboleiro do instituto para que poidades comprobar se todo está correcto. O período de reclamacións remata o día 7 de novembro.

7 Impreso Presentación de candidaturas 24 25

8 Membros renovar (sombreados en amarelo)

 

 9 CANDIDATURAS PRESENTADAS

 

 

Magosto Terrorífico 2024

 

MAGOSTO TERRORÍFICO 2024

O xoves 7 de novembro celebramos o magosto terrorífico, fusión de dúas festas tradicionais e próximas no tempo: o magosto e o samaín.

 Nos días previos, nas aulas de Lingua Galega falouse do magosto tradicional galego e da Santa Compaña.

EDDLG principal.png

Día das Bibliotecas 2024

Día das Bibliotecas 2024

 

Para conmemorar o día das Bibliotecas, o xoves 24 de outubro alumnado voluntario do equipo de Biblioteca levou a cabo un programa especial de radio, no que se recitaron cantigas populares galegas e se escoitou música tradicional.

O motivo desta escolla foi querer comezar a abordar a candidatura elixida para a celebración das Letras Galegas 2025, o cancioneiro popular galego, coa que se pretende render unha homenaxe ás mulleres cantareiras do país: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; a pandeireteira de Muxía, Eva Castiñeira; e as pandeireteiras de Mens (Malpica), Prudencia e Asunción Garrido, e Manuela Lema.

As cantigas recitadas foron as que seguen:

  “Ondiñas veñen e van” (Diana Estévez de 4º A e Pilar Cabaleiro de 4º B).

  “Apagha o candil Marica, chus, chus” (Marta Fernández e Adela González de 1º C).

  “O Sancristán de Coímbra” (Irene Iglesias de 2º B).

  “Para vir a xunta min” (Sabela Comesaña de 1º D).

  “Na beira do mar” (Candela Fernández de 1º D).

  “Catro vellos mariñeiros” (Antía Estévez de 3º C).

  “A raíz do toxo verde” (Manuel Martínez de 3º C).

   “Non te namores, meniña” (Nerea Mouco de 4º A).    

       “Miña nai, miña naiciña” (Noa Fernández de 4º C).     

       “Eu son mariñeiro” (Joel Alfonso de 1º A).       

       “Vira vira” (Eva Cabaleiro de 4º C).

 

Agradecémoslle a axuda técnica recibida por parte do profe Rubén e dos alumnos Lucas e Iago, sen os cales non sería posible facer esta actividade.

Agardamos que fose do voso agrado e gozásedes tanto coma nós. Ata a próxima!!

Podedes volver velo neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=w6RxAqjOFO0

EDDLG principal.png

DÍA DAS ESCRITORAS 2024

HOMENAXE A BEGOÑA GIL GONZÁLEZ

O 14 de outubro quixemos celebrar o Día das escritoras rendéndolle unha homenaxe a Begoña Gil González, escritora salcedense autora da novela Esto no es el C.S.I., que tristemente nos deixou o pasado verán. Resultou un emotivo acto no que o alumnado integrante do club de lectura leu fragmentos da súa obra.

Begoña Gil estaba moi vinculada ao noso instituto, posto que foran varias as ocasións nas que nos acompañara: como convidada do Tamén len e para acompañar aos membros do club de lectura; ademais, tamén contara con nós para a presentación de dúas das súas novelas.

Para a ocasión, a Biblioteca creou un recuncho lector que leva o seu nome e no que e exporán obras escritas por mulleres.

EDDLG principal.png

Fondo Solidario Libros de Textos

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. Curso 24-25

 

 CALENDARIO FONDO LIBROS MES DE XULLO

Resumo Fondo Libros

Orde do 7 de maio de 2024 polo que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto.

Instruccións Fondo Libros

Descarga do Anexo iI

Descarga do Anexo i

 

Curtas de literatura universal

Alumnado da materia de Literatura Universal de  1º de Bacharelato realizaou unha serie de curtametraxes que podedes ver:

"La pregunta"  Cartel   Vídeo

"Inevitable"  Cartel   Vídeo

"Romea y Julieta"  Cartel   Vídeo

"La útima carta"  Cartel   Vídeo

3º Premio Isabel Zendal

A alumna de 1º de Bacharelato Lúa Martínez quedou 3ª na VI edición dos premios Isabel Zendal outorgados pola Universidae da Coruña por medio da Unidade de

Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escético. 
Os premios creáronse coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica. 

 Este traballo reflexiona sobre como certas relixións, etnias e crenzas inflúen na saúde tanto individual como colectiva da sociedade e as persoas que a conforman,

e de como este tipo de pensamentos impiden, en moitos casos, un pensamento crítico.

Podedes ler o traballo neste enlace: PREMIO ZENDAL

Powered by Drupal - Design by artinet