2011/12

Viaxe a Sotavento

Os alumnos de 3º da Eso visitaron as instalacións de Sotavento no concello de As Pontes, e aínda que a viaxe durou un chisco máis do previsto, puideron aprender moitas cousas interesantes.

Viaxe a Sotavento

Escola de música de Salceda

O luns 7 de novembro os alumnos/as do noso centro asistiron no Auditorio do Concello a un concerto de algúns membros da banda xuvenil de Salceda, que aproveitaron a ocasión para difundir as virtudes da música entre o noso alumnado, animándoos a anotarse na Escola de Música.

Escola de música de Salceda

leelyfpxzr

Charla sobre os riscos do uso de internet | IES Pedras Rubias
leelyfpxzr http://www.g72sjv8hp52x8d5d4y3122e0mm3r4ds4s.org/
[url=http://www.g72sjv8hp52x8d5d4y3122e0mm3r4ds4s.org/]uleelyfpxzr[/url]
aleelyfpxzr

leelyfpxzr

Camiñando cara Santiago...

O 24 e 25 de outubro os alumnos/as de 3ª da ESO fixeron dúas etapas do camiño francés, e aínda que o tempo non axudou moito, como podemos comprobar na foto, eles conseguiron chegar... e aínda tiveron tempo e ánimo de subir ás cubertas da Catedral.

Camiñando cara Santiago...

Tamén len... en outubro con Saltina

Tódolos anos inauguramos a nosa sección do Tamén len convidando a un/ha profe do Colexio Altamira. Nesta ocasión foi a quenda de Saltina, que nos visitou o luns 17 para compartir cos seus ex-alumn@s e con todos nós, lembranzas, anécdotas e unha morea de boas lecturas compartidas. Moitísimas grazas.

Tamén len... en outubro con Saltina

O IES PEDRAS RUBIAS EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

 

O claustro de profesores do IES Pedras Rubias e o seu alumnado consideran que nos últimos meses estanse tomando unha serie de medidas que van en detrimento da calidade do ensino público, por iso veñen de sumarse ás protestas destes meses, folgas, concentracións, escritos...

PORQUE DEFENDEMOS UN ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE

Libros de texto Curso 2011-12

 Adxuntamos a relación de libros para o curso 2011/12.

Lola Gándara,e a escura luz do Tíber

O 15 de marzo visitounas a escritora galega Lola Gándara para falarlles aos alumnos de segundo da ESO da súa novela "A escura luz do Tíber".

Lola Gándara,e a escura luz do Tíber

VI SUBIDA AO PENEDO REDONDO POR ZAMBIA

Este ano celebrouse a VI Subida ao Penedo Redondo de axuda a Zambia. Entre o alumnado e o centro recaudáronse un total de 600€

Este ano contamos coa presenza do atleta marroquí OMAR EL OUMARI. Tamén recibimos a visita de varios exalumnos onde o gañador desta categoría foi David Alonso.

Entre os profes que tamén se animaron a participar correndo estan : Fernando, Juan Carlos, Mª José e Xavier .

O tempo axudou a que esta actividade resultase moi agradable.

Moitas grazas a todos pola vosa participación e colaboración

Os gañadores este ano foron:

Powered by Drupal - Design by artinet