2016/17

2016/17

Viaxe de 4º da ESO

O alumnado de 4º da ESO disfruta esta semana dunha viaxe por terras catalanas com vén sendo habitual nestes últimos anos. Actividades culturais (como a visita á Sagarada Familia ou ao Museo Dalí de Figueres) comparten protagonismo con actividades deportivas acuáticas na costa mediterránea. Un bo xeito de compartir compañeirismo e amizade neste último ano que compartimos vida académica no IES Pedras Rubias.

Viaxe de 4º da ESO

Tamén len... no Faro de Vigo

O Faro de Vigo do 25 de febreiro de 2017 recolleu nas súas páxinas o dez anos de lecturas celebradas na Calixtina. Aquí vos deixamos o artigo.

nlglonvfi

Tamén len... en marzo con Alba | IES Pedras Rubias
[url=http://www.g84k4ajn2ff6f9k7320ds3wd88yp243ns.org/]unlglonvfi[/url]
nlglonvfi http://www.g84k4ajn2ff6f9k7320ds3wd88yp243ns.org/
anlglonvfi

nlglonvfi

15 de marzo: Día dos dereitos do consumidor

Coincidindo co día dos Dereitos do Consumidor realizáronse unha serie de actividades co alumnado de 1º da ESO na clase de matemáticas, coa finalidade de informalos e conciencialos de cara a un consumo responsable.

Trátase de que coñezan as etiquetas e a información que nos deberían aportar, así como os ingredientes e valores enerxéticos que conteñen algúns dos alimentos inxeridos por eles de forma habitual.

Aproveitamos para aplicar o cálculo de regras de tres e porcentaxes ás mesmas.

15 de marzo: Día dos dereitos do consumidor

V certame de relato curto

Os principais obxectivos deste certame eran: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego, facilitar a posibilidade de publicación a novos creadores...

Foron seleccionados os traballos das seguintes alumnas para participar:

2º C:
Rocío Boullosa Pérez
Yedra González Alonso
Uxía Valcárcel Burgo

3º C:
Luján Monteiro Rodríguez

O fallo do xurado (formado por filólogos, escritores, profesores e representantes de Kalandraka) emitirase no mes de maio.

V certame de relato curto

8 de marzo: DÍA DA MULLER

No IES Pedras Rubias reinvidicamos o Día da Muller cunha serie de actividades ao longo destas semanas das que iremos dando conta. Comezou o día coa visita da escritora Mª Sol Ortiz de Zárate, pero o acto central desta celebración foi no patio exterior ás 12:30 coa lectura duns poemas e de textos escritos polas nosas alumnas nas que reivindicaban a igualdade ao tempo que invitaban aos seus compañeiros a loitar pola igualdade real. Rematou o acta cun fermoso baile. Todo o acto foi organizado polo propio alumnado do centro.

8 de marzo: DÍA DA MULLER

Visita da escritora Mª Sol Ortiz de Zárate

Hoxe visitounos a escritora Mª Sol Ortiz de Zárate, autora dos libros "La canción de Shao Li", leído polo alumnado de 1º da ESO, e de "Rebelión en Verne", leído en 2º da ESO. Sempre é unha gran experiencia poder compartir conversa cunha escritora. Múltiples foron as preguntas que lle formulou o noso alumnado que enriqueceu a lectura previa dos libros pola súa parte. En breve máis información do acto.

Visita da escritora Mª Sol Ortiz de Zárate

9 de marzo: Folga xeral

Xoves 9 de marzo: Folga xeral no ensino. O alumnado de 3º e 4º da ESO está autorizado a secundar a folga. Os pais do alumnado de 1º e 2º da ESO que queiran poderán sumarse ás reivindicacións non enviando aos seus fillos/as ao instituto.

Información da Confederación de Anpas Galegas

Información das reivindicacións

Convocatoria, calendario e solicitude probas de acceso ciclos formativos de grao medio e superior 2017

Nas seguinte ligazósn poderanse acceder a convocatoria, o calendario e a solicitude de inscrición para a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional :

Convocatoria

Calendario

Solicitude de inscrición

Powered by Drupal - Design by artinet