2011/12
ownlvionlc
jcdgdyjkmo | IES Pedras Rubias
[url=http://www.gk6717x7pt47k4q65d113zxnutfa482js.org/]uownlvionlc[/url]
ownlvionlc http://www.gk6717x7pt47k4q65d113zxnutfa482js.org/
aownlvionlc
Rosa Aneiros visita o IES Pedras Rubias
O pasado mércores 14 de marzo Rosa Aneiros acudiu ao noso instituto para comentar o bater das "Ás de bolboreta". A charla asistiu o alumnado de 4º ESO que tivo este libro como lectura obrigatoria na 1ª avaliación.
Marzo: Mes da Muller
O xoves 8 de marzo celebras o mes da muller coa visita de dúas mulleres moi emprendedoras: Marta Álvarez de "Granxa Maruxa" e Bea de "mmmh tartas de Bea", que nos contaron a súa experiencia para levar adiante proxectos empresarais moi interesantes, pero a súa vez cheos de dificultades nos tempos que corren, pero o alumnado de 3º e 4º da ESO que asistiu á charla quedaron convencidos de que con ilusión pódese sacar adiante todo o que un quere.
Xogo do Sabio
Xa temos os nomes dos alumnos máis sabios do Instituto.
En primeiro lugar a parella formada por Alexandre Gesto e Pablo Diz de 1º da ESO.
En segundo lugar Aitor Castro de 2º de ESO.
No terceiro posto quedaron Jose Manuel Rodríguez e Óscar Pino.
E en cuarto lugar, pero tamén moi sabio, Rodrigo Fernández.
Tamén vós podedes comprobar os vosos coñecemento no seguinte enlace:
http://www.planetasaber.com/minisites/0000000024/game.html
Números premiados no sorteo Pro-Andorra
Os números premiados no sorteo de rifas da excursión da neve (Andorra) foron:
1.173 agraciado cunha Televisión
5.473 agraciado cunha Bicicleta