Un mes máis seguimos a presentar os relatos gañadores do concurso de relato curto. Se queres ler os gañadores do mes de abril , preme nos cursos seguintes:
Noraboa e a presentar o do mes de maio que xa é o último!
Un mes máis seguimos a presentar os relatos gañadores do concurso de relato curto. Se queres ler os gañadores do mes de abril , preme nos cursos seguintes:
Noraboa e a presentar o do mes de maio que xa é o último!
O pasado martes 30 de abril o alumnado de 4º de ESO camiñou desde o instituto ata a parroquia da Picoña para visitar o monumento aos represaliados de Salceda de Caselas. Está situado na senda do río Caselas á beira do muíño de Marcial, no límite entre San Xurxo e A Picoña.
“O espazo da memoria” foille dedicado aos catro canteiros da Picoña (Ángel Cabaleiro, Gabriel Besteiro, Benito Antonio Cabaleiro e Manuel Domínguez), que foron asasinados o 21 de novembro de 1936, e ao resto de torturados, encarcerados, expoliados ou asasinados por defender o réxime legalmente establecido.
Para explicarlles todos os datos que hai recollidos en torno aos catro canteiros e ao resto de vítimas da represión de Salceda de Caselas, achegáronse ata o lugar dous expertos na materia: o alcalde de Salceda de Caselas, D. Marcos Besada, e o historiador D. Xosé Ramón Paz Antón.
Para pechar o acto, cada alumno/a foi agasallado cun exemplar do libro Salceda de Caselas republicana 1936, título que vén de publicar Paz Antón recentemente.
O día 24 de febreiro cumpríronse 182 anos do nacemento de Rosalía de Castro, un dos piares imprescindibles no Rexurdimento poético da nosa lingua. Para celebralo, no IES Pedras Rubias fixemos o concurso Haikus para Rosalía. Os participantes debían presentar un poemario composto por cinco haikus, como mínimo , con vocabulario de Cantares Gallegos. Opcionalmente, podían ir acompañados dun haiga, unha ilustración relacionada coa temática tratada.
O luns 25 de febreiro penduramos un cadro coa figura da escritora, realizado por Lara Lars coa técnica de collage e lemos algúns dos haikus premiados presentados a dito concurso.
A sensación, de acariñar as nubes, ou a túa man.
Constantes lúas enrugaron a pel, pero nunca a alma.
Noite de lúa ollos cheos de bágoas. Avó, onde estás?
É o lóstrego quen causa ese tremor é o meu medo. |
Posta de sol fas que perda a razón se volve a lúa.
Aínda sinto as follas secas baixo os meus dedos.
Na beira do mar mar lonxe e mar quedo os ollos que observan
Van entre nubes paxariños do amencer lévaos o vento. |
O xurado non o tivo fácil para seleccionar os gañadores/as. Logo de moito deliberar, acordou proclamar vencedores/as aos seguintes alumnos/as:
MELLORES POEMARIOS:
PREMIO AO HAIGA OU ILUSTRACIÓN: GOLDEN
Noraboa!!
Noraboa ás gañadoras do Concurso de relato do mes de xaneiro. Podedes ler os relatos pinchando abaixo. Seguide así.
Está claro que no IES Pedras Rubias reina o amor. E proba disto é a numerosísima participación no Concurso Chíos con amor. Nesta edición presentáronse 63 chíos, 6 de 1º ESO, 9 de 2º ESO, 5 de 3º ESO e 43 de 4º ESO.
O xurado tivo unha ardua tarefa para seleccionar os gañadores/as. Logo de deliberar e deixar deserta a categoría de 2º ESO por presentar as mensaxes en castelán, acordou proclamar vencedores aos seguintes alumnos/as:
1º ESO: Sofía Rodríguez Amil
3º ESO: Daniel Rodríguez Groba
4º ESO: Ariadna Álvarez Ramírez e Yashira Álvarez Ramírez.
Noraboa e grazas a todos/as pola vosa participación.
Lembrade que o luns 18 agardámosvos na biblioteca para facer entrega dos premios!
Escoita a programación en directo no seguinte ENLACE
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |