O martes 27 de outubro visitounos a mestra do CEIP Altamira, Rocío Pato, quen nos brindou unha sesión de lectura compartida moi interesante. Aceptou encantada a nosa invitación e nós agradecemos a súa presenza. O relato que elixiu titúlase "Confesión" e forma parte do libro de Fran Alonso, "Cartas de amor", onde as protagonistas do amor ou desamor son mulleres en circunstancias dramáticas ou complicadas, que reflicten vivencias de gran realismo que nos permiten tomar postura, aceptar ou cuestionar a realidade que vivimos. Neste caso contaba a soidade, temores, dúbidas e valentía dunha moza que acepta e fala da súa homosexualidade a través dunha carta dirixida a unha amiga.
Máis información no Blog da Biblioteca