Despois de pospola en varias ocacións pola chuvia, finalmente, o xoves 3 de maio os alumnos/as de 1º da ESO visitaron o centro de Interpretación de Campolameiro para disfrutar da arqueoloxía e da arte rupestre. Viaxando ao noso pasado máis remoto.
2011/12
Exposición de Biodiversidade
O xoves 26 de abril os alumnos/as de 1º da ESO visitaron na Casa da Cultura de Salceda de Caselas a Exposición de Galicia Biodiversidade. Na exposición se trataron os diferentes hábitats coas especies que o integran, así como a importancia na preservación dos mesmos coa fin de manter a biodiversidade e evitala extinción de especies.
Máis información no seguinte artigo de prensa:
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/exposicion-galicia-biodiversi...
O xatcobeo aterriza no noso instituto
Todo un privilexio para o noso instituto, e especialmente para os alumnos de 4º de ESO, que o xoves 26 de abril asistiron a unha charla científica sobre o "xatcobeo" por parte do ex-alumno Darío Hermida e un dos máis importante enxeñeiros que participou neste proxecto galego do que a continuación vos damos máis información, para que sexades conscientes do privilexio que tivemos:
O Xatcobeo, coñecido ao primeiro como Dieste, é un proxecto de desenvolvido por un equipo de varios departamentos da Universidade de Vigo en colaboración coInstituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. . Foi lanzado o 13 de xaneiro de 2012 mediante o foguete Vega dende o centro espacila de Kourou na Güaina Francesa. O Xatcobeo é o primeiro satélite galego e ten como misión a investigación da mellora nas comunicacións por satélite.
Tamén len, en abril... con María Núñez
Tamén len, en marzo con... Natalia
Sen dúbida o momento estelar da sesión foi cando Natalia, ao finalizar a súa lectura, nos descubriu esta movida e orixinal Cumbia Matemática que arrincou máis dunha gargallada entre os/as asistentes.
Almorzos saudables
O martes 24 e o mércores 25 de abril puideron celebrarse, despois de ter sido cancelados antes de Semana Santa, a cita anual cos almorzos saudables. Nun intento de que os nosos alumnos/as veñan ben alimentados pola mañá para afrontar as duras xornadas académicas, dende hai un par de anos, no primeiro curso no centro marcámoslles unhas pautas básicas para un adecuado desaiuno. Por suposto que non so foi unha sesión teórica xa que os nosos alumnos/as puideron disfrutar dun completo desaiuno.