2017/18

Os mellores da Radio

"Os mellores da radio", sonSofía González, Desiré Gómez, Sergio Pérez eDani Ricón, de 1º da ESO do IES Pedras Rubias. Alumnos/as  do curso de oratoria no curso 2017-2018

Rapaces e rapazas de 1º ESO, que  elaboraron este pequeno programa musical onde fan unha breve viaxe polas diferentes cancións e intérpretes que máis soaron na década dos 90. Un pequeno resumo dos grupos lexendarios nacionais e internacionais.

GAÑADORES/AS CONCURSO RELATO CURTO OUTUBRO, NOVEMBRO, DECEMBRO, XANEIRO, FEBREIRO, MARZO E ABRIL

Relación de relatos premiados ao longo de curso, organizados por meses, de 2º de ESO:

Outubro:

2º A

2º B

2º C

Novebro: 

2º A

2º B

2º C

Decembro:

2º A

2º B

2º C

Xaneiro:

2º A

2º B

2º C

Febreiro:

2º B

2º C

Marzo:

2º A

2º C

Abril:

2º B

2º C

Principal.png

Entrega de Premios do Concurso de Marcapáxinas

O pasado mércores 23 de maio fíxose entrega durante o recreo na Biblioteca dos premios do Concurso de Marcapáxinas.

Preme para coñecer as gañadoras.

Noraboa rapazas!

Principal.png

As 20 palabras galegas do Pedras Rubias

Como en todas as linguas, en galego hai moitas palabras, algunhas únicas, outras propias, tamén prestadas, moi fermosas a maioría, e imprescindibles todas porque forman parte do noso patrimonio cultural que debemos coidar e protexer.

En torno ao 23 de abril, día do libro, propúxoselle ao alumnado que, xunto ás súas familias, escollesen a palabra galega máis importante e/ou fermosa para eles/as. Posteriormente, seleccionáronse as vinte palabras máis votadas e, coa axuda do departamento de Plástica, estanse a realizar os deseños que logo se plasmarán nun muro do noso centro.

Velaquí as 20 palabras galegas do IES Pedras Rubias:

Morriña                        Agarimo                               Axóuxere                            Xoaniña                Afouteza

Sapoconcho                               Bolboreta                            Luscofusco                          Bico        Vacaloura

Ledicia                          Chenca                                 Arco da vella                      Escornabois                        Ruliña

Vagalume                                    Carracho                              Furabolos            Amizade              Fermosura

 

Con esta iniciativa quixemos contribuír a enriquecer o noso vocabulario, a coñecer palabras que outras persoas descoñecen, a recuperar verbas dos nosos maiores bastante esquecidas ou a que non desaparezan voces que se van deixando de usar.

Agardamos que fose do voso interese!

 

 

Principal.png

Letras Galegas 2018

Para conmemorar as Letras Galegas leváronse a cabo diferentes actividades: 

o   Exposición na biblioteca da obra da autora homenaxeada, Mª Victoria Moreno.

o   Exposición de cartaces polos corredores remitidos pola Consellería de Educación que presenta a vida e a obra da autora.

o  Lectura ao longo do curso 2017-2018 dunha obra da autora (1º de ESO escollerá entre Leonardo e os fontaneiros ou Mar adiante; 2º, 3º e 4º de ESO, Anagnórise).

o   Investigación sobre a vida e a obra da autora de todos os cursos nas clases de Lingua Galega.

o   Concurso de marcapáxinas: o alumnado participante deseñou un marcapáxinas no que incluíu un pequeno fragmento literario pertencente á calquera obra da autora, por unha banda, e unha ilustración orixinal en referencia á mesma pola outra. 

o    Maratón de lectura: o 16 de maio fíxose a lectura ininterrompida en voz alta do libro Anagnórise durante o horario lectivo, na que participaciparon alumnado, profesorado, ex-profesorado e persoal non docente aos que se agasallou cun diploma.

 

 

Principal.png

Xogos Populares no IES Pedras Rubias 2018

As persoas sempre xogaron e durante toda a vida se xoga, aínda que os xogos cambien. Xógase de neno, de adolescente, de adulto e de vello. O obxectivo é entreterse e divertirse.

O xogo tradicional forma parte da nosa cultura e da nosa identidade como galegos/as. Transmitiuse sempre de xeración en xeración, pero hoxe en día esa transmisión é menor, pois o xogo tradicional vai cara unha desaparición progresiva.

Porén, nos últimos anos, xurdiron asociacións interesadas na recuperación dos xogos populares.

No IES Pedras Rubias tamén quixemos promover e conservar o noso patrimonio inmaterial a través dos xogos tradicionais. Con esta finalidade o Equipo de Dinamización da Lingua e o Departamento de Educación Física quixo introducir durante unha semana (do 23 ao 27 de abril) os xogos populares. Foron un total de 25 xogos que nos prestou a Concellaría de Xuventude do Concello do Grove, á que deste estes medios damos as grazas.

 

 

Xogos Populares no IES Pedras Rubias.

Principal.png

rsqliwckc

Finalistas do VI certame de Relato Curto | IES Pedras Rubias
[url=http://www.gtq6rsvu7t51a0k5ha9r4192c719tp70s.org/]ursqliwckc[/url]
rsqliwckc http://www.gtq6rsvu7t51a0k5ha9r4192c719tp70s.org/
arsqliwckc

GAÑADORES/AS CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

E por fin chegamos ao último mes de concurso. Grazas a todos/as pola vosa participación.

Preme en cada curso para ler os relatos gañadores do mes de abril.

1º A

1º C

3º A

3º B

3º C

Agora só tedes que agardar ás Letras Galegas para saber quen é o gañador anual de cada nivel.

Sorte!

Principal.png

GAÑADORES/AS CONCURSO RELATO CURTO MARZO

Xa temos gañadoras do concurso de relato curto do mes de marzo.

Entra nos enlaces seguintes para coñecer a oración pola que deben comezar os relatos de abril.

E lembra que este mes o prazo remata o día 25. 

1º A

3º A

3º C

Principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet