Complementarias
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ao longo desta semana realizamos distintas actividades para conmemorar o 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.
A prevención é unha das claves para acabar con esta lacra social, así este curso continuamos traballando pola eliminación da violencia contra a muller a través da sensibilización do alumnado contra o maltrato e as distintas formas de violencia machista.
Preme na imaxe para acceder á galería.
ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO
Hoxe no IES Pedra dá Auga tivemos a visita do escritor Francisco Castro. Os nosos alumnos e alumnas de 3ºESO gozaron dun animado encontro literario co autor vigués, actividade conducida polo profesor Matías Rodríguez e organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.
Preme na imaxe para acceder á galería.
MAGOSTO
Onte celebramos no noso centro a festa do Magosto.
Seguindo a tradición, participamos nesta xornada de convivencia na que o mais importante foi o ben que o pasamos.
A festa comezou cunha actuación musical. Alumnos e profesores cantamos coas melodías dun grupo moi especial: Cristina Alonso, Nacho Iriondo, Liliana Carro, Rosa Estévez, acompañados dalgúns dos nosos alumnos. “A muiñeira de San Amaro”, “O galo” e “Rumba de Cuba" foron as cancións que marcaron o inicio da festa.
Os alumnos e alumnas dos ciclos de Automoción e Administrativo e os seus profesores encargáronse do preparado, asado e dispensado das castañas.
Preme na imaxe para acceder á galería.
PROGRAMA KTORCE18
Os alumnos e alumnas de 1º de Formación Profesional Básica, recibiron esta semana unha charla divulgativa sobre a lei do menor no marco do programa ktorce18, da man dun membro da asociación ARELA.
SAMAÍN
Hoxe, celebramos a festividade do Samaín.
Os alumnos e alumnas participaron en distintas actividades para conmemorar o inicio do ano novo celta e comezo da estación escura.
Preme nas imaxes para acceder ás galerías
I Concurso de debuxo contra a violencia de xénero
Desde o Centro de Información á Muller (CIM), dependente do Concello de Ponteareas, convócase o I Concurso de debuxo contra a violencia de xénero.
Para participar tedes que realizar un debuxo relacionado coa loita contra a violencia de xénero.
Os debuxos poderán ir acompañados dunha frase do autor ou autora (non deben exceder as vinte palabras) que exprese a súa visión ou opinión sobre a violencia machista e deberá ser coherente co deseño presentado.
Poderán participar alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
Os debuxos/pinturas deberán realizarse nun soporte de tamaño A4 a unha soa cara. A técnica do debuxo será libre.
Marcha solidaria de apoio ó cancro de mama
O luns, 19 de outubro, o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato, participará na marcha solidaria de apoio ó cancro de mama, que se celebrará en Ponteareas.
Ó comezo e o remate da marcha todos e todas cantaremos e bailaremos a canción "Hoy todo va a salirme bien" de El arrebato.
Para que vaiades practicando, deixámosvos a coreografía. Preme na imaxe para acceder ó titorial.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »