Probas de acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo 2024/2025.
Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na Universidade de Vigo, para o curso 2024-2025.
Datas presentación de solicitudes
Do 8 de marzo ao 2 de abril
DATAS DAS PROBAS:
Taller de contacontos: "Conte avec moi"
O pasado xoves, 29 de febreiro, o noso alumnado de francés participou na actividade "Conte avec moi", na que puideron gozar e participar das narracións dos contos africanos de Samuel Mountoumnjou.
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR
Dende hoxe e ata o mércores 20 de marzo pódense solicitar prazas para estudiar o vindeiro curso no IES Pedra da Auga.
Os formularios de solicitude están ao dispór eiquí.
RELACIÓN DE VACANTES ESCOLARES OFERTADAS PARA O CURSO 2024/25:
Para cursar os niveis de ESO e Bacharelato no IES Pedra da Auga de Ponteareas.
1º ESO: 16 vacantes
2º ESO: 11 vacantes
3º ESO: 23 vacantes
4º ESO: 15 vacantes
1º DE BACHARELATO:
Xeral: 10 vacantes
Ciencias e Tecnoloxía: 8 vacantes
Seguridade viaria en francés (La securité routière)
O alumnado de 2º ESO de francés (segunda lingua estranxeira) quere concienciar sobre a importancia da seguridade viaria, xa sexa como condutor, motorista, ciclista ou peón. É por iso que, usando toda a súa creatividade e orixinalidade, sentíronse publicistas por un día e crearon estes carteis sobre "securité routiêre" para chamar a nosa atención.
La Francophonie
O departamento de francés organizou un concurso de colaxes para o alumnado de 1º de ESO sobre o tema de “La Francophonie". Os alumnos e as alumnas realizaron traballos creativos sobre as cidades que forman parte da francofonía e aprenderon así que o francés está presente nos cinco continentes e conta con máis de 300 millóns de falantes.
As gañadoras foron Ahinara Domínguez Franco de 1º A e Anxa Ucha García de 1º B polos seus colaxes sobre Lausanne e Paris respectivamente.
Parabéns a todos e todas polo esforzo!
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS NO IES PEDRA DA AUGA.
ALUMNADO QUE QUEIRA PEDIR PRAZA DA ESO: MARTES 23 DE XANEIRO ÁS 17:00 HORAS.
ALUMNADO QUE QUEIRA PEDIR PRAZA EN BACHARELATO: MARTES 27 DE FEBREIRO ÁS 17:00 HORAS.
SAIDA DIDACTICA LEÓN ATAPUERCA e BURGOS
Saida didactica conxunta co departamento de filosofía para 1º Bacharelato. Consultar ficheiro adxunto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »