Convocatoria de reunión para pais e nais
Estimadas familias:
O vindeiro luns 7 de outubro, convócase a unha reunión aos pais e nais do alumnado da ESO, BACHARELATO E FPB do IES Pedra da Auga.
A reunión comezará ás 18:15 cada pai/nai irá á aula do seu fillo/a co titor/a correspondente agás os pais/nais de 1º de ESO que irán ao salón de actos para unha breve presentación do equipo directivo. A continuación subirán as aulas co titor/a da súa filla/o.
Un saúdo.
Rebeca Nuñez Fernandez María José Fernández Sestelo
Directora Xefa de estudos
Comezo de curso escolar 2019/2020
O luns 16 de setembro de 2019 comeza o curso escolar.
O horario é o habitual dos luns.
De 8,45 a 14,25 horas para todos os grupos.
De 16,20 a 18,00 para ESO e Bacharelato e FP Básica.
De 15,30 a 18,00 para ciclos medios e superior.
O alumnado de 1º curso da ESO será recibido ás 8,45 no salón de actos polos seus titor e titora é a directiva do Centro.
O resto de grupos terán listaxes nas portas das aulas.
Alumnado admitido para primeiros cursos de Formación Profesional Básica
Neste enlace pódese consultar a relación de admitidos na FP Básica para o curso escolar que comeza o luns.
O alumnado admitido debe proceder a súa matrícula o venres día 13 de setembro.
Libros Inglés.
O libro de texto de inglés para o novo curso académico 2019/2020 será:
1º bacharelato: Advantage 1, Student's book, Burlington Books, ISBN 978-9963-273-67-6
2º bacharelato: Advantage 2, Student's book, Burlington Books, ISBN 978-9925-30-122-5
Oferta de prazas de F.P. Básica
Oferta de prazas de Formación profesional de Grao básico
CBELE01 Electricidade e electrónica 12 prazas
CBADG01 Servizos administrativos 12 prazas
Normativa reguladora:
Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. (DOG do 22)
Prazo de presentación de solicitudes:
Do día 2 ás 13 horas do día 12 de setembro
Listaxes de alumnado admitido:
13 de setembro.
Prazo de matrícula: o prazo legal abrangue do 13 ao 20 de setembro. O día recomendado para formalizar a matrícula é o día 13 de setembro.
Comezo das clases: 16 de setembro.
Obxectivos do Milenio (ODS)
ODS (clica aquí para ir á páxina oficial)
Serie de videos para cada obxectivo
en euskera e castelán, e un concurso de debuxo ao final
Rede de escolas UNESCO: Inglés (páxina oficial) Español (algo de información)
Escolas UNESCO por países (en inglés):
Ecopercusión
O departamento de música organiza un taller de ecopercusión.
Crisrina. Ecopercusión. En youtube. Youtube estandar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »