CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
O xoves 30 de xaneiro, coincidindo co día da paz, os alumnos de 2 ESO ofreceron un concerto onde tocaron a canción de Antonio Flores "No dudaría"
Nova xornada de portas abertas no IES Pedra da Auga
Estimadas familias,
Co motivo da próxima graduación do/a voso/a fillo/a en Educación Secundaria, e tendo que elixir o centro onde vai cursar bacharelato, o equipo docente do instituto ten o pracer de convidarlles a unha xornada de portas abertas para os pais para que poidan coñecer como é a vida do noso centro. Para intentar conciliar o máis posible os horarios, e que a visita se faga en horario lectivo,faremos dúas sesións:
-
O luns día 3 de febreiro ás 17:00
VISITA Ó INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS DE VIGO
O martes 21 de xaneiro os alumnos de primeiro e segundo de bacharelato estivemos visitando o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM) pertencente ó Consello superior de Investigacións Científicas (CSIC). Aquí aprendemos da man dos profesionais cientificos, en que consiste ser científico/investigador, e que a ciencia e tamén unha saida profesional ó alcance de todos nós.Ademáis tivemos a oportunidade de visitar e subir a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. Este buque con base en Vigo leva participado en numerosas campañas de investigación dos nosos mares e océanos, incluso na Antártida. Da man do capitán e do primeiro ofocial poidemos descubrir como é un buque destas caracteristicas dotado cos últimos avances tecnolóxicos.
Contacontos inglés-galego
Aquí tendes as contacontos en acción o luns 20 de xaneiro, estiveron na biblioteca cos alumnos de 1º e 2º ESO.
APLICACIÓN ABALAR
Estimadas familias,
dende o IES Pedra da Auga estamos a fomentar a aplicación ABALAR que ofrece a Xunta para ter información inmediata sobre a vida académica dos/as vosos/as fillos/as.
Instálase como calquera aplicación ou xogo do móbil, so hai que buscar ABALAR no Play-store ou App-store . Unha vez instalada teñen que apareceran as/os vosas/os fillas/os escolarizadas/os.
Se tivesen algún problema ou non aparecesen os/as fillos/as na aplicación, por favor, chamen ao centro para solucionalo, o teléfono é 886121205.
Na aplicación pódense ver faltas, notas e as incidencias na aula que calquer/a profesor/a quera comunicar.
Máis información na páxina https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil
XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS E NAIS NO IES PEDRA DA AUGA
Estimadas familias,
Co motivo da próxima graduación do/a voso/a fillo/a en Educación Primaria, e sendo o IES Pedra da Auga o centro de referencia do colexio Virxe dos Remedios, o equipo docente do instituto ten o pracer de convidarlles a unha xornada de portas abertas para os pais para que poidan coñecer como é a vida do noso centro.
Para intentar conciliar o máis posible os horarios, e que a visita se faga en horario lectivo,faremos dúas sesións:
-
O luns día 27 de xaneiro ás 17:00
-
O martes 28 de xaneiro ás 12:00
Se alguén non pode asistir neste horario e desexa visitar o instituto, pregámoslle que se póñan en contacto con nós no teléfono 886 12 12 05
VISITA ÓS MUSEOS DA CORUÑA
VISITA ÓS MUSEOS DA CORUÑA
O mércores 15 de xaneiro os alumnos de primeiro e segundo de ESO disfrutaron dunha visita a dous museos da cidade da Coruña; o MUNCYT (museo nacional de ciencia e tecnolóxia) e a Casa das ciencias. Esta activiadde enmarcábase dentro dos contidos das materias de Fisica e Química e Bioloxía.
A pesar de que a climatoloxía non parecía non querer acompañarnos, poidemos disfrutar dun maravilloso día e incluso poder comer tomando o sol, todo un privilexio a 15 de xaneiro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »