contes africains
AUGATECA DO IES PEDRA DA AUGA
VISITA DO GRANSAMUEL MOUNTOUMNJOU, COA ACTIVIDADE
!HAHULA HULA!
Fillo da traddición oral, Samuel Mountoumnjou naceu no oeste do Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Nese contexto criouse e iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.
É profesor de linguas e mediador intercultural. A súa formación e experiencia na docencia axudáronlle a perfeccionar distintas facetas da comunicación oral. Leva máis de10 anos traballando con nenos e nenas, contando as suas historias por España e Francia.
O seu amplo e variado repertorio está formado principalmente por contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africanos. Son historias cheas de calor e de cores que, ademais de entreter, invitan a pensar, potenciar valores humanos tales como a solidaridade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, á vez que nos transportan ata as profundidades do continente e nos transmiten o espíritu da África negra.
¡Hahula hula! Érase unha vez…
Aínda me lembro, como si fose onte, daquelas maravillosas noites da miña infancia, en África...
Os nenos e adolescentes, sentabamonos no patio da casa ao carón do lume. Á luz da lúa. Mirabamos atentamente ao avó tumbado no seu sillón de bambú, calado e pensativo.
Despois dalgún momento de meditación – que para nós parecía unha eternidade – o avó dicía con voz profunda: “¡Hahula hula!”
Satisfeitos e entusiasmados, todos contestabamos: “¡Hahula hula!”
Así empezaba a noite de contos, a noite das mil e unha maravillas…
Isto foi o que experimentamos o luns 5 de novembro na Augateca de Ponteareas. Cunha ambientación axeitada, os que alí estivemos, disfrutamos dun momento máxico en francés independientemente do nivel de coñecemento da lingua. Todos interactuamos con Samuel a ritmo de “¡Hahula hula!”.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTEL CUENTA CUENTOS.odt | 618.68 KB |