Skip to Content

Samaín 2017

   Este ano o alumnado do Pedra da Aguia preparou un Samaín de medo decorando a entrada do noso centro nos recreos. Durante a semana previa, estiveron traballando en cabazas talladas e pintadas ben orixinais, que serviron para crear ambientación. Tamén conseguiron facerse cun conxunto de lendas de feitos misteriosos e inexplicables, moitos deles narrados nas súas casas, e que foron colgados nas paredes.
Por último, na mañá do 31, asistiron a un pase de curtametraxes de medo na biblioteca, que tamén colaborou cunha escolma de libros e películas de acordo coa temática desta celebración. Xa para rematar e compensar algún que outro susto, repartíronse cabazas sorpresa cheas de lambonadas aos participantes.

Velaquí unhas imaxes das xornadas.



page | by Dr. Radut