Skip to Content

Cambio de tren...

Despedida Xaquín

 

  

Resulta estraño dicir que Xaquín se retira. Parece que estas palabras non soan ben xuntas. Quizáis porque ninguén as cre!. É ben seguro que aínda que se xubilou hai só uns días, este home xa está argallando o xeito de seguir transmitindo o seu entusiasmo pola ciencia. Así que, tomando prestada a idea do ferrocarril, diremos mellor que Xaquín baixa do tren da escola para tomar outro cara a novos destinos.

Boa viaxe, Xaquín!

Tedes aquí recollidas as palabras que se leron na cariñosa despedida que os rapaces e rapazas deron ao seu profesor.

Despedida de Xaquín

Hoxe, día 17/10/2016, despedímonos de alguén moi especial. De alguén que nos regalou moi bos momentos compartindo a súa sabiduría, o seu cariño, a súa paciencia e a súa dedicación.

A experiencia vivida contigo fíxonos comprender o verdadeiro significado da alegría e da confianza.

Ao longo do tempo, aparecen persoas no noso camiño que son difíciles de olvidar porque deixaron unha pegada importante no noso corazón ao acompañarnos nunha etapa da nosa vida, sin embargo non podemos quedarnos xunto a eles, pois vivimos nun tren donde temos que baixar nalgunha estación, e despedir a persoas que nos deixan añoranza, pero tamén nos deixan unha parte deles que sempre estará presente para axudarnos a seguir adiante. Grazas por este vagón de bos recordos e polo legado que deixas en cada un de nós.

De igual forma, agradecemos infinitamente cada minuto do teu tempo e da paciencia que tivestes con nós, por sembrar os teus coñecementos e valores, os cales permanecerán nos nosos corazóns. En nome de todos, douche grazas por todo: por axudarnos cando máis o precisabamos, polo teu sentido do humor, por facer as clases de natu moi divertidas e sobre todo grazas por permitirnos coñecer a ese gran humano que eres ti.

Grazas non é suficiente para expresar o que sentimos, estas palabras son unha mestura de tristeza, felicidade e cariño. Pois temos que dicir adeus a tan querido mestre. Sepa que nos houbera encantado terche moito máis tempo entre nós pero comprendemos que o teu ciclo concluíu para empezar outro, con moito esmero e anos de dedicación, de xeración tras xeración.

É unha enorme satisfación formar parte da túa historia, sabemos que este non é un adeus, senón un ata logo, pois satisfácenos saber que sempre contaremos contigo.

Grazas por todo Xaquín.

Helena Ameijeiras Tajes, 2ºA



page | by Dr. Radut