Skip to Content

Entrega de premios Consumópolis 14

O pasado 14 de xuño Laura Sar, Noa Tedín, María García e Andrés Parga tiveron unha cita en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública, para recibir o 1º premio a nivel autonómico na categoría correspondente ao alumnado de 1º e 2º ESO, que lles foi outorgado no concurso Consumópolis 14: Pola túa seguridade, sabes o que consomes?

O equipo autodenominado "Canicas" fixo unha exposición de calidade, orixinal e chea da naturalidade que tanto caracteriza a esta rapazada. Avogaron polo consumo responsable defendendo a versatilidade do seu produto, a Reverseta, e fixeron fincapé tamén no impacto social e ambiental da prenda.

Con este evento pechamos o traballo do proxecto "Repensa a túa despensa" deste curso 2018/2019. Que novos proxectos nos deparará o curso que vén? Mentres gozamos do descanso de verán, quedámonos coa frase deste equipo: "Dálle a volta ao teu consumo!". Apliquémola!



page | by Dr. Radut