Skip to Content

Complementarias

Actividades complentarias

SAÍDA do CLUB de LECTURA a NORA dos LIBROS

O día 15 de xuño, os membros do Club de lectura a Nora dos libros, fixemos unha saída para celebrar o final de curso.

Estivemos na área recreativa de Gabenlle (Laracha) e pasámolo xenial: fixemos unha sesión do Club sobre El principito (con concurso e agasallo incluido), logo unha andaina polo paseo fluvial e, antes de volver a Arteixo, unha merendola para repoñer forzas. 

MOITÍSIMAS GRAZAS pola vosa colaboración, rapazada! Pola vosa ilusión ao longo do curso e por depositar a vosa confianza no noso Club e na nosa Biblioteca!!!

Esperámosvos o próximo curso!

FOTOS

Coñecendo un ANACO da CORUÑA

O venres 29 de novembro os alumnos de 4º de ESO, acompañados por profesoras do departamento de Galego e do departamento de Castelá, visitaron:

- O Arquivo do reino de Galicia, onde descubriron como se almacenan os documentos onde se conserva a nosa historia e como se restauran.

- O Xardín de San Carlos.

A casa museo de Emilia Pardo Bazán, ilustre escritora coruñesa do século XIX que destacou, ademais de pola súa creación literaria, pola súa defensa da muller.

- E a sede da RAG na Coruña.

Foi un día diferente, intenso e divertido.

Achegamos álbum fotográfico do evento

Distribuir contido


by Dr. Radut