O luns, 9 de maio o alumnado de 2º e 3º ESO tivo un encontro moi ameno e didáctico co escritor galego Héctor Cajaraville no que tiveron oportunidade de comentar a súa obra, “Os Metrosiderais”, así como o proceso de creación literaria desta novela en que os diferentes, os que saen da normativa... acaban manifestando o poder da unión por riba de calquera prexuízo.
O encontro rematou coa sinatura de exemplares para todos os estudantes que así o quixeron.
Moitas grazas a el por visitarnos e á Editorial Santillana, por facer posible esta actividade!
Nesta ligazón poderás ver imaxes desta xornada.