O pasado 11 de febreiro de 2022 foi publicada no DOG a ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. (ver LIGAZÓN)
Para ir cumprindo co disposto na súa disposición adicional cuarta da devandita orde é necesario informar ao alumnado e aos seus representantes legais das novas condicións de avaliación, promoción e titulación na ESO e no Bacharelato, así como as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO para o alumnado de FP Básica.