2. Recortes de prensa e homenaxes anteriores

 

En LA VOZ DE GALICIA do sábado 24 de decembro de 1904 podíase ler un recordatorio sobre a conferencia que daría ao día seguinte Juan Jacobo Durán Loriga nos locais da Reunión de Artesanos.

Enlace ao texto

Esa conferencia tivo unha importante repercusión social e a ela asistiu numeroso público (¿cantas persoas asistirian hoxe en día a escoitar unha conferencia sobre matemáticas que se celebrase o día de Nadal?). LA VOZ DE GALICIA do martes 27 de decembro de 1904, narraba así o acontecemento:

Enlace ao texto

O luns 4 de decembro de 1911, LA VOZ DE GALICIA saía á rúa levando a inesperada nova da morte de Juan Jacobo Durán Loriga:

Enlace ao texto

En LA VOZ DE GALICIA do mércores 6 de decembro de 1911, fácíase referencia ao enterro de Durán Loriga:

Enlace ao texto

Velaquí dúas referencias de LA VOZ DE GALICIA dos días 5 de xuño de 1917 e 2 de agosto de 1917 nas que se fai mención a asuntos tratados nas sesións municipais correspondentes aos días anteriores á publicación en relación coa intención de dedicar unha rúa da cidade na memoria de Juan Jacobo Durán Loriga. ¿Por que se menciona a Rúa da Amargura?

Enlace ao texto          Enlace ao texto

O xoves 17 de xuño de 1954, xusto no día en que se cumpría o centenario da data do seu nacemento, Juan Jacobo Durán Loriga era recordado nun actigo de EL IDEAL GALLEGO:

EL IDEAL GALLEGO I

Para celebrar ese centenario do nacemento, tivo lugar na Coruña unha homenaxe en memoria do finado; ese acto desenvolveuse o 3 de decembro de 1954. Asi se daba conta en EL IDEAL GALLEGO e en LA VOZ DE GALICIA do sábado día 4 de decembro de 1954:

EL IDEAL GALLEGO II

LA VOZ DE GALICIA

No mes de xuño de 2004, tendo en conta que o día 17 dese mesmo mes se cumpría o sesquicentenario (cento cincuenta anos) do nacemento de Durán Loriga, o Club Matemático Durán Loriga do IES Ramón Otero Pedrayo promoveu a lembranza do matemático coruñés. AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) recolleu a iniciativa do club matemático e a Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña materializou as propostas.

Temos que resalatar que o edificio no que alberga a Biblioteca Municipal de Estudos Locais (antiga sede da Delegación de Facenda) atópase no número 10 da rúa Durán Loriga da Coruña e, ademais, foi deseñado polo arquitecto Miguel Durán Salgado, fillo de Juan Jacobo.

Nos locais da biblioteca tiveron lugar dúas importantes iniciativas: Unha exposición sobre a vida e a obra do matemático coruñés e unha conferencia que levou por título Durán Loriga y la matemática de su tiempo que pronunciou Mariano Hormigón Blánquez profesor de Historia da Ciencia da Universidade de Zaragoza.

Velaquí algunhas fotos dese evento:

Actos Sesquicentenario


Mariano Hormigón Asistentes á conferencia Representantes do Club Matemático

 


 

Bla, bla, bla,