Club_Matemático_13_14. Referencia_a_Actividades.

 

Neste curso 2013-2014, novamente un grupo de alumnas e alumnos do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña fixemos equipo para poñer en marcha as tarefas que desenvolvemos no Club Matemático Durán Loriga.

Os temas sobre os que traballamos e os materiais que construímos servíronnos para levar á práctica as actividades que adoitamos realizar.

Iniciamos as actividades deste curso o día 14 de marzo (14 do 3) coa celebración do Día PI (PI = 3,14...) e puxémoslle colofón coa XV Semana Matemática do IES Otero Pedrayo que realizamos na primeira semana de xuño.

 

Cartel Día Pi           Cartel XV Semana Matemática

 

Para a celebración do Día PI creamos unha importante cantidade de materiais; podes ver algúns se buscas as etiquetas Arredor de PI que se atopan seguindo a ligazón As nosas publicacións que está na columna da dereita desta páxina como un dos contidos do Departamento de Matemáticas.

O material máis espectacular construído para o Día PI foi a grilanda que elaboramos coas 220 primeiras cifras do número PI (imprimindo cada cifra nunha folla DIN A4, ¡máis de 50 m de número PI!) e que colgamos no corredor principal do instituto. Este material presentámolo tamén á VIII Feira Matemática (PALEXCO, A Coruña, 26 de abril de 2014) e ao XIX Día da Ciencia na Rúa (Parque de Santa Margarida, A Coruña, 10 de maio de 2014).

Pi no instituto

PI no instituto

   

PI en Palexco

PI en PALEXCO

   

PI no parque

PI en Santa Margarida

 

 No seguinte vídeo podes ver as 220 primeiras cifras do número PI colgadas en PALEXCO do día da VIII Feira Matemática:

 

Durante este curso, ademais de manter a publicación de Mathesis, traballamos tamén sobre outros proxectos: Pirámides, Falacias Xeométricas e construímos dous xogos que chamamos O Movemove e o Xiravanza que abordan diversas facetas das matemáticas seguindo movementos baseados en coordenadas cartesianas e coordenadas polares.

Deixamos algunhas fotos na nosa galería, ás que podes acceder a través das seguintes ligazóns:

 Fotos na VIII Feira Matemática

Fotos no XIX Día da Ciencia na Rúa