Club_Matemático_12_13. Referencia_a_Actividades.

 

 

Como en cursos pasados, durante o período 2012-2013 estivemos traballando en diversos temas relacionados coas matemáticas. Deixaremos constancia aquí de dúas tarefas que, pola súa envergadura, nos ocuparon un importante número de semanas de traballo e un esforzo e dedicación considerables.

En cada unha delas colaboramos máis de vinte persoas, e parécenos que o produto final obtido mereceu a pena: consistiu na creación de dúas coleccións de carteis que utilizamos para a montaxe de senllas exposicións (coincidindo, en cada caso, co inicio do segundo e do terceiro trimestre) que foron o motor para desenvolver interesantes actividades didácticas nas que participou todo o alumnado do centro.

A cada un de nós (os que interviñemos directamente na elaboración)  asignóusenos unha parcela concreta dentro destes traballos de investigación, realizados por estudantes de ESO, para acabar conseguindo un resultado global común. Os títulos que eliximos para designar os materiais acadados foron estes: Científicos a pé de rúa e O Principiño, 70 anos. Unha ollada matemática.

A exposición Científicos a pé de Rúa trata de introducirnos na vida e na obra de dez científicos galegos que, exceptuando o caso de María Wonenburger, cumprían dúas condición na data de realización do noso traballo, a saber: Cada un deles ten unha rúa na cidade da Coruña que leva o seu nome; ademais, no chan de cada unha desas rúas existen placas, colocadas pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, que nos recordan algúns datos biográficos e cales foron as disciplinas científicas ás que se dedicaron.

Como en abril de 2013 se cumpriron 70 anos da aparición da primeira edición do Principiño, fixemos (dentro da aula) unha nova lectura deste fantástico conto tomando asento como lectores nunha atalaia da rexión onde agroman as matemáticas. Escollendo unha presa das múltiples ideas que xurdiron construímos os carteis que forman O Principiño, 70 anos. Unha ollada matemática.

 

Científicos a pé de rúa

 

TRABALLOS DO ALUMNADO

CARTEIS DA EXPOSICIÓN

PLACAS COLOCADAS NO CHAN DAS RÚAS

 

      

Exposición Principiño

 

A

DEBUXOS DO ALUMNADO

CARTEIS DA EXPOSICIÓN

 

Os materiais anteriores e outros relacionados con poliedros, con xogos baseados nas matemáticas e con traballos realizados no Parque de Oza e no Balcón de Balmis foron os que nos permitiron participar no XVIII Día da Ciencia na Rúa (Parque de Santa Margarida, A Coruña, 4 de maio de 2013) e na VII Feira Matemática (PALEXCO, A Coruña, 11 de maio de 2013) e desenvolver a 14 Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo.

Fotos na Aula-Taller

Fotos no Parque de Santa Margarida

Fotos en PALEXCO

 

14 Semana Matemática