Club_Matemático_11_12. Referencia_a_actividades.

 

Velaquí unha referencia ás sesións de traballo que realizamos na Aula-Taller de Matemáticas durante o curso 2011-2012. O obxectivo principal que nos propuxemoi foi preparar materiais destinados á nosa participación no XVII Día da Ciencia na Rúa (Parque de Santa Margarida, A Coruña, 5 de maio de 2012) e na VI Feira Matemática (PALEXCO, A Coruña, 12 de maio de 2012). Con eses mesmos materiais organizamos a XIII Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo.

Fotos na Aula-Taller

Fotos no Parque de Santa Margarida

Fotos en PALEXCO

Desta volta o tema fundamental sobre o que centramos as nosas actividades tivo que ver co mundo dos tangrams.

Mundo_Tans

Na Aula-Taller estudamos propiedades e construímos diversos tangrams utilizando distintos materiais (madeira, cartón pluma e, sobre todo, caucho EVA).

Nos seguintes enlaces deixamos algunhas referencias relativas a unha selección de tangrams elexidos entre os que nós estudamos durante o curso. Aparecen tamén reseñados media ducia de puzles sobre os gravados de M. C. Escher, que foi outro dos temas no que andivemos enredados.

Tangrams e puzles

Algunhas figuras

 

Os materiais que elaboramos fóronnos útiles tamén para montar a XIII Semana Matemática do IES Ramón Otero Pedrayo.

Cartel Semana Matemática

 

Semana Matemática