BOLSAS e AXUDAS Ministerio de Educación e Formación Profesional - curso 2024/25

BOLSAS ESTUDOS POST-OBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

Poden solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación aquel alumnado do centro que teña pensado matricularse no curso 2024/2025 nalgún dos seguintes niveis:

     - Bacharelato.     

     - Formación Profesional de Grado Básico.

     - Formación Profesional de Grado Medio.

     - Outros estudos post-obrigatorios. 

 

Moi importante: Pedir a bolsa sempre dentro do PRAZO (do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 ás 15:00h).   

Máis información:  (enlace web Bolsas Educación).

O Prazo para pedir a axuda de necesidade de apoio educativo para o curso 2024/2025 espérase que comeze en maio de 2024.

 

AXUDAS DE APOIO EDUCATIVO

Axudas dirixidas a alumnado que presenta unha necesidade específica de recibir apoio educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais. 

A convocatoria destas axudas para o curso 2024/2025 publicouse o 19 de abril de 2024 (enlace BOE). Estas axudas pódense solicitar desde o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.  

Máis información:  (enlace web Axudas Apoio Educativo).