Mathesis

 

Desde o Departamento de Matemáticas do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña tratamos de promover entre o noso alumnado a realización de pequenos traballos de investigación e redacción que teñan que ver con aspectos variados relacionados coa nosa materia. Nesta páxina mostrámosvos algúns dos que levamos feito.

Con regularidade publicamos un boletín de divulgación matemática. O noso boletín actual chámase Mathesis e se premes no seguinte enlace terás acceso a todos os números que levamos editados ata agora.

Mathesis

Mathesis iniciou a súa andaina co comezo do curso 2006-2007, pero tivo un antecesor: DousPiErre.

O primeiro número de DousPiErre apareceu en xaneiro do ano 2000 (Ano Mundial das Matemáticas); entre os cursos 1999-2000 e 2005-2006 foron publicados 54 números de DousPiErre.

Desde setembro de 2005 ata decembro de 2008 colaboramos coa revista electrónica Unión, editada pola FISEM (Federación Iberoamericana de Sociedades de Educación Matemática) facendo unha achega que se denominou DosPiUnión.

Premendo nos seguintes dous enlaces poderás consultar todas os números de DousPiErre e DosPiUnión que foron publicados.

DousPiErre                          DosPiUnión

Utilizando a seguinte ligazón podes acceder á páxina da FISEM e a UNIÓN.

 

Ademais temos realizado outros traballos de carácter singular. Os enlaces que están a seguir dan acceso a algúns deles.

PUBLICACIÓNS DE CARÁCTER SINGULAR

 

 

25 Matemáticos Xeniais                   Proporción áurea

 

 

Arredor de PI                             Arredor de PI

 

O Principiño e as Matemáticas

                            Científicos a pé de rúa

 

Mulleres_Matemáticas                               

Sistemas_Numeración

Enlace a carteis

Cuarto_Fermat                                 Quixote

 

Eu_son_o_Cero                                

Triptico

Astronomía

Cartel