IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
RECREOS ACTIVOS - COMPETICIÓNS
Enviado por Anónimo o Xov, 10/02/2022 - 20:23
Dende que comezou o curso estase animando ao alumnado do centro a aproveitar o seu tempo de recreo facendo actividades deportivas con distinto material que teñen dispoñible. Agora que a covid está a dar algo máis de “respiro” dende que volvimos das vacacións do Nadal, aproveitamos para engadir o formato competición. Comezamos cos 3 grupos de 4º ESO, que están a participar entre eles/as nunha liga de bádminton, aproveitando que estiveron practicando recentemente este apaixonante deporte nas clases de Educación Física.
Empregar os recreos nestas actividades aporta numerosos beneficios ó alumnado, entre outros aumenta a súa concentración para a seguinte clase porque o exercicio moderado potencia as funcións cognitivas. Velaquí dous enlaces á noticia, sobre o estudo do Centro de Investigación do Deporte (CID) da Universidade Miguel Hernández (UMH) de Elche, de hai 4 meses, feito a rapaces/as de 13-17 anos, idade dos/as nosos/as escolares. |
Eventos
|