4º ESO A e 4º ESO B.- ARTES ESCÉNICAS .- TRABALLO PARA FACER ESTES DÍAS

Como xa falaramos nas clases, imos traballar o MONÓLOGO a partir  dun cadro para poder despois chegar a compoñer un conxunto e darlle sentido completo a unha obra.  Como é difícil atopar unha pintura na que aparezan 16 persoas  e xa falaramos dela na clase, imos traballar co cadro de Rafael Sanzio LA ESCUELA DE ATENAS.  Escollede  un  personaxe do cadro, buscade toda a información que precisedes e mediante un monólogo teredes que ir presentándovos  e explicando quen sodes para poder, despois, cando nos vexamos na aula,  interactuar co resto dos personaxes do cadro.  Podedes entrar nas páxinas que precisedes, aínda que neste enlace explica bastante ben quen é cada quen: LA ESCUELA DE ATENAS. e contén moita información sobre cada unha das figuras que aparecen no cadro  Como sei que estades en contacto, se vos fose posible, poñédevos de acordo entre vós para non repetir personaxes. Será un traballo creativo e persoal que cando poidamos artellaremos en conxunto. Saúdos.  Begoña