Para o alumnado de 4º ESO A e B.- Envío nun arquivo adxunto as propostas de traballo para estes días. Lédeas ben e ide traballando nelas porque teredes que entregalas cando volvamos a vernos. Trátase de estudiar facendo os vosos propios esquemas dalgúns apartados dos temas 5, 6 e 7, repasando tamén os que xa fixeramos nas clases. E non deixedes de LER porque xa sabedes que a lectura, en especial a Poesía (como xa comprobariades no traballo que acabades de entregar) , sempre nos axuda a sobrelevar os tempos difíciles. Moito ánimo. Saúdos.