Criterios sobre avaliación, cualificación e promoción do alumnado - curso 2021/2022

  

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

- Educación Física -

 Cualificación nas avaliacións trimestrais. (0 a 10 puntos)

 

Establecerase como o resultado da nota media de tódalas cualificacións obtidas polo alumno/a dende o principio de curso ata o momento da avaliación. Valoraranse todas de 0 a 10 puntos. 

Cualificación de carácter conceptual (1 ou 2 probas “teóricas” )

Cualificación de carácter procedemental (3 a 6 probas “prácticas”)

 

A nota media resultante das probas anteriores será minorada en 0,25 puntos ( ata un máximo de 3 puntos) por cada anotación de carácteractitudinal que o profesor leva a diario.

  

Desta forma os alumnos/as deben asumir como seus tódolos deberes que a lei e a normativa do centro lles obriga e moi especialmente: 

- Participar nas actividades orientadas ó desenvolvemento da programación.

- Seguir as orientacións do profesor respecto da súa aprendizaxe e mostrarlle o debido respecto e consideración.

- Respectar o exercicio do dereito ó aprendizaxe dos seus compañeiros.

- Actuar sen ningún tipo de discriminación.

- Coidar e utilizar axeitadamente os bens mobles e as instalacións do centro e respectar as pertenzas doutros membros da comunidade educativa.

  

Na clase de Educación Física deberán ser capaces de: 

- Acceder ao pavillón de xeito puntual e non demorarse máis do necesario nos vestiarios ao inicio e ao final da clase.

- Traer o equipamento mínimo necesario para a realización das clases. Amosar hábitos e de hixiene básicos coma o aseo e cambio de camiseta ao finalizar a actividade.

- Realiza-las tarefas asignadas, desde o quecemento ata o volta a calma ao finalizar a clase, tanto en grupo coma individualmente, segundo as indicacións e esforzarse en face-lo mellor posible.

- Colaborar na montaxe e recollida de todo tipo de material e equipamento que se poida empregar nas clases.

- Mostrar respecto, consideración e coidado cara ós compañeiros, o profesor, o material e as instalacións.

- Controlar as súas condutas e emocións sen provocar conflitos, sen chamar a atención dos demais, e sen interferir no desenvolvemento da clase.

- Non interromper ó profesor, ós compañeiros cando falan, e cando realizan tarefas, sen obrigalos a modificar as súas condutas.

  

Desta forma, insístese en que os alumnos/as teñen a obriga de seguir estas normas, xa que iranse anotando tódolos incumprimentos significativos en relación as normas e condutas anteriores.

Xustificarase a non realización algunha tarefa física ou das actividades prácticas da clase mediante xustificante médico que así o indique. Neste caso non se anotará unha valoración negativa no apartado actitudinal e poderase atrasar a realización dunha proba práctica.

Excepcionalmente e de xeito moi ocasional poderá aceptarse a xustificación dos pais por algunha indisposición física puntual.

 

Cualificación na avaliación do curso. (0 a 10 puntos)

   

Establecerase como o resultado da nota media de tódalas cualificacións obtidas polo alumno/a durante o curso. 

Avaliación positiva na área de Educación Física a aqueles alumnos e alumnas que teñan unha cualificación suficiente (igual ou superior a cinco puntos) na avaliación do curso. No caso contrario ao alumno/a seralle entregado un informe individualizado que servirá de base para as actividades de recuperación a realizar desde a primeira semana de xuño ata o día 22 inclusive.

Ao finalizar xuño, o alumnado será cualificado novamente en base as tarefas e actividades realizadas segundo o seu plan individualizado ou aquelas tarefas e actividades de ampliación, conformando unha nova cualificación media que será reflectida na avaliación final

No caso dos alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua serán avaliados a través dunha proba teórica máis tres de carácter práctico, sendo a media resultante das catro a nota da avaliación. 

 

Criterios de promoción:

 

Garantirase a avaliación positiva na área de Educación Física a aqueles alumnos e alumnas que teñan unha cualificación suficiente (igual ou superior a cinco puntos) resultante do punto anterior. 

Aquel alumno/a que promocione de curso coa área de Educación Física suspensa (pendente) deberá superala posteriormente. 

 

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

- Promoción de Estilos de Vida Saudables -

 Cualificación nas avaliacións trimestrais. (0 a 10 puntos)

 

Establecerase como o resultado da nota media de tódalas cualificacións obtidas polo alumno/a dende o principio de curso ata o momento da avaliación. Valoraranse todas de 0 a 10 puntos.

 

A nota media resultante das probas anteriores será minorada en 0,25 puntos ( ata un máximo de 3 puntos) por cada anotación de carácteractitudinal que o profesor leva a diario.

 

Desta forma os alumnos/as deben asumir como seus tódolos deberes que a lei e a normativa do centro lles obriga e moi especialmente:  

- Participar nas actividades orientadas ó desenvolvemento da programación.

- Seguir as orientacións do profesor respecto da súa aprendizaxe e mostrarlle o debido respecto e consideración.

- Respectar o exercicio do dereito ó aprendizaxe dos seus compañeiros.

- Actuar sen ningún tipo de discriminación.

- Coidar e utilizar axeitadamente os bens mobles, equipamento informático e as instalacións do centro e respectar as pertenzas doutros membros da comunidade educativa.

 

Desta forma, insístese en que os alumnos/as teñen a obriga de seguir estas normas, xa que iranse anotando tódolos incumprimentos significativos en relación as normas e condutas anteriores.

 

Cualificación na avaliación do curso. (0 a 10 puntos)

 

Establecerase como o resultado da nota media de tódalas cualificacións obtidas polo alumno/a durante o curso.  

Avaliación positiva na área de Promoción de Estilos de Vida Saudables a aqueles alumnos e alumnas que teñan unha cualificación suficiente (igual ou superior a cinco puntos) na avaliación do curso. No caso contrario ao alumno/a seralle entregado un informe individualizado que servirá de base para as actividades de recuperación a realizar desde a primeira semana de xuño ata o día 22 inclusive.

Ao finalizar xuño, o alumnado será cualificado novamente en base as tarefas e actividades realizadas segundo o seu plan individualizado ou aquelas tarefas e actividades de ampliación, conformando unha nova cualificación media que será reflectida na avaliación final

No caso dos alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua serán avaliados a través dunha proba teórica máis tres de carácter práctico, sendo a media resultante das catro a nota da avaliación. 

 

Criterios de promoción:

 

Garantirase a avaliación positiva na área de Promoción de Estilos de Vida Saudables a aqueles alumnos e alumnas que teñan unha cualificación suficiente (igual ou superior a cinco puntos) resultante do punto anterior.  

Aquel alumno/a que promocione de curso coa área de Promoción de Estilos de Vida Saudables suspensa (pendente) deberá superala posteriormente.