![]() IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
Obradoiro: Programa Cores, 23 de marzo de 2017
Enviado por flf o Mar, 28/03/2017 - 14:07
O 23 de marzo estiveron connosco Ana, Héctor e María, técnicos de consumo da Escola Galega de Consumo. Impartiron ao alumnado de Valores Éticos do centro o Obradoiro do Programa Cores. Foron preto de 200 rapazas e rapaces os que asistiron ás oito sesións do obradoiro ao longo da mañá! No obradoiro falouse de consumo responsábel e publicidade. Analizáronse as estratexias que a publicidade utiliza para crear necesidades de consumo, a relación entre xénero e publicidade ou casos de publicidade enganosa. Foi un obradoiro moi participativo, no que o alumnado tivo a oportunidade de despregar os seus coñecementos sobre publicidade que foron adquirindo na materia de Valores Éticos. |
Eventos
|