Articles

HÁBITOS NOCIVOS NA SAÚDE

Os grupos de 2ºESO estivemos a traballar nas consecuencias de malos hábitos relacionados co consumo de sustancias nocivas sobre o noso corpo e saúde. Ademáis da labor de investigación, fixemos exposicións para concienciar a outros grupos do instituto.

 

RECREOS ACTIVOS - COMPETICIÓNS

Dende que comezou o curso estase animando ao alumnado do centro a aproveitar o seu tempo de recreo facendo actividades deportivas con distinto material que teñen dispoñible. Agora que a covid está a dar algo máis de “respiro” dende que volvimos das vacacións do Nadal, aproveitamos para engadir o formato competición. Comezamos cos 3 grupos de 4º ESO, que están a participar entre eles/as nunha liga de bádminton, aproveitando que estiveron practicando recentemente este apaixonante deporte nas clases de Educación Física.

 

Empregar os recreos nestas actividades aporta numerosos beneficios ó alumnado, entre outros aumenta a súa concentración para a seguinte clase porque o exercicio moderado potencia as funcións cognitivas. Velaquí dous enlaces á noticia, sobre o estudo do Centro de Investigación do Deporte (CID) da Universidade Miguel Hernández (UMH) de Elche, de hai 4 meses, feito a rapaces/as de 13-17 anos, idade dos/as nosos/as escolares.

 

https://www.lavanguardia.com/vida/junior-report/20180115/4440185628/deporte-mejora-rendimiento-escolar.html

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2021/10/03/clases-educacion-fisica-deberian-colocarse-justo-asignaturas-requieren-mayor-atencion/00031633271220556618460.htm

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

Os rapaces/as de 1º ESO recordamos tamén na materia de Educación Plástica a importancia de manter uns hábitos de vida saudables e que hábitos nocivos coma o sedentarismo ou o consumo de tabaco e bebidas alcohólicas teñen efectos moi negativos no noso benestar físico, psíquico e tamén social.

 

Velaquí un exemplo de traballos voluntarios feitos por varios de nós:

                     

 

XORNADAS DEPORTIVAS - FIN 1º TRIMESTRE

No instituto celebramos a chegada das festas de Nadal o pasado martes 21 cunha xornada deportiva. Ó longo de todo o día os alumnos/as de todos os cursos e tamén o profesorado foron pasando polo pavillón e patios exteriores para desfrutar da práctica de diferentes xogos populares e tamén deportes que estiveron traballando ao longo deste 1º trimestre nas clases de Educación Física.

 

      

 

    

 

Esperamos que desfrutedes destas festas con responsabilidade, e por suposto non vos esquezades da importancia de manter unha vida activa tamén durante as vacacións.

 

¡¡ Bo nadal !!

 

Actividades complementarias e extraescolares - curso 2021/2022

Para o curso 2021 - 2022  iranse retomando as actividades complementarias e extraescolares segundo a situación da pandemia Covid-19 así o permita. Ditas actividades serán incluídas na Programación Xeral Anual, e estarán condicionadas á evolución da situación sanitaria así como as posibles restricións que poida haber a nivel de localidade e a nivel das propias actividades.

 

      SAÍDAS:

 

 1ºESO:

 

Iniciación á escalada en rocódromo.

11,00 - 14:15 Rocódromo cuberto de Riazor.

Datas  previstas para levala a cabo: 

   2º trimestre  

  

EquipamentoRoupa e calzado deportivo que nos permita flexibilidade.

Custo da actividade 4 euros.

  

 

 

 

( enlace fotos  )

 

 

 

 2º e 3º ES0:

 

Iniciación ao surf .

8,45 - 14,15 Prevista a súa realización no mes de maio, nunha das praias próximas á Coruña. 

Obrigatorio saber nadar para participar na actividade.

EquipamentoMochila con bañador, chanclas, toalla e crema solar.

Custo da actividade 12 euros.

 

  

 

( enlace fotos ) 

 

 

 

 4ºESO:

 

Xornada final actividades físicas no entorno natural (O Pedrido): Orientación + kayak.

8,45h - 18:00h.

 Data na que se realizará: martes 21 de xuño  

Obrigatorio saber nadar para participar na actividade.

EquipamentoVestimenta adecuada para andar e mochila con bañador, camiseta e calzado para ir á auga, toalla e crema solar.

Coste aproximado da actividade 20 euros.

  

 

ACTIVIDADES NO CENTRO:

 

– Actividades que poidan xurdir ao longo do curso interesantes para a área de E.F.

- Xornada de xogos populares e multideporte 21 de decembro.

- Coñece o meu club:  Club Polvo Ultimate fresbee, Fútbol Gaélico Fillos de Breogán, Club Orientación APA Liceo, Tiro con arco, Esgrima 100tolos, Escalada AMI, centro deportivo McFIT... e outros clubes do entorno que poidan aportar unha aproximación ou toma de contacto a actividades deportivas non realizadas habitualmente. 

 

VISITA AO XIMNASIO MCFIT A CORUÑA

O ximnasio que temos ao carón do instituto deunos a oportunidade de visitarlles e coñecer de primeira man as súas instalacións e oferta de actividades. Os alumnos/as de 4º ESO coñecemos unha nova posibilidade de práctica de actividade física para o tempo de lecer. Recordáronnos a importancia de manter un estilo de vida activo e ademáis Miriam Rumbo deunos unhas clases dirixidas moi animadas e completas.

¡¡Moitas grazas por todo!!

 

          

          

PUNTILLISMO “SAUDABLE”

A profesora Cillas estanos a recordar en 1º ESO a importancia do consumo de froitas e verduras como base da nosa alimentación mediante o puntillismo, técnica de pintura artística innovadora e sorprendente que nos permite crear unha obra completa punto a punto, velaquí algúns exemplos do traballo que fixemos.

 

           

 

          

 

Aproveitamos para recordar a estreita relación entre alimentación, actividade física e saúde. As vitaminas e minerais presentes nos alimentos vexetais axúdannos a fortalecer tódalas células, órganos e sistemas do corpo.

¡¡ ARRINCANDO MOTORES !!

Este curso a pandemia estanos a dar algo máis de “respiro”, así que dende o instituto queremos aproveitar para aumentar a cantidade de actividade física que fan os nosos/as escolares tanto dentro como fóra do centro, porque xa sabemos dos moitos beneficios que ten para a súa saúde física e tamén psíquica. Todo isto sen esquecernos da necesidade dunha correcta alimentación, descanso e hixiene persoal.

Neste apartado iremos informando tanto alumnos/as como profesores/as sobre contidos relacionados cos hábitos de vida activa e saudable que estamos a levar a cabo os distintos departamentos colaboradores neste proxecto.

 

 

Para comezar o curso, reimplantamos os "Recreos Activos" en todos os cursos, onde animamos a participar aos rapaces/as no tempo de recreo en actividades deportivas con distinto material que teñen dispoñible, simplemente cumplindo unhas normas de bo uso e comportamento.

 

Profesores do departamento - Curso 2023/2024

 

Cristina María de Prada Creo 

- Xefa do departamento.  

- Imparte Educación Física en 1ºESO e proxecto competencial en 3ºESO e 4ºESO. 

  

Pedro Luis Vázquez García  

- Imparte Educación Física en 2ºESO.   

  

 Juan Manuel Vázquez Vilaboa  

- Imparte Educación Física en 3ºESO e 4ºESO.

 

José Carlos Suárez Vázquez  

- Imparte Educación Física sección bilingüe 1ºB e 1ºC

Actividades complementarias e extraescolares - curso 2020/2021

 

Para o curso 2020 - 2021 non se propoñen actividades complementarias e extraescolares pois a situación de pandemia Covid-

19 así o aconsella. Se ao longo do curso a situación sanitaria mellorase abriríase a posibilidade se recuperar algunhas das

mesmas e quedarían recollidas tanto na programación coma na memoria final do curso e nas actas do departamento.