Skip to Content

Coordinacións

MEMBROS DAS COORDINACIONS DO IES OTERO PEDRAYO CURSO 2020/21

EDLG: Elvira Moroño Suárez

Biblioteca: Ana Goloria Rodríguez Alonso

Abalar: Roberto Carlos González Pérez

Páxina Web: Ángeles González de Mena

Formación do Profesorado: Antonio Fernández Seoane.

 

QUEN VÉN SENDO FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO?

Hoxe o alumnado do Equipo de Lingua montou a Exposición/Concurso das Letras Galegas "Quen vén sendo Francisco Fernández del Riego", o autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas. Os 10 carteis realizados polos alumnos do @iescastelao IES Castelao de Vigo achégannos información sobre este "obreiro do galeguismo". Tedes as normas para participardes neste mesmo taboleiro ademais de nas aulas. Animádevos a participar! Estamos seguras de que será unha experiencia na que aprenderedes e vos divertiredes! E haberá premios, abofé !

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

MOZAS NA REDE

O pasado venres, a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella e o Delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistían no Paraninfo do Otero Pedrayo á función de peche da obra teatral didáctica "Mozas na rede", a través do programa de innovación educativa Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade".
A sempre marabillosa Estíbaliz Veiga presentounos catro historias baseadas en feitos reais e unha quinta de autoficción, vivida por ela mesma, centradas no grooming ou ciberacoso.
Canto nos fixo reflexionar! Que formato tan acaído para chegar á rapazada! Quedamos con ganas de máis...
Agora o traballo segue nas horas de titoría. Todo é pouco.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ANDREA MACEIRAS

O alumnado de 2º ESO leu no pasado trimestre a novela `Que me pare o corazón se te esquezo´ e tivo a sorte de coñecer e falar coa súa autora, Andrea Maceiras, que visitou o noso centro. Foi unha charla amena, divertida e que nos deixou a todos e a todas con ganas de ler máis dela.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MUSEO DO IES OTERO PEDRAYO

O pasado luns 24 de Octubro, o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, D. Román Rodríguez González, acompañado do Xefe Territorial. D. Xosé Fisteos; da directora do MUPEGA, Dna. Beatriz Seco; o director do CEFORE, D. José Domínguez e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dna. Judith Fernández, visitaba o Otero Pedrayo para inaugurar o noso museo, que botara a andar no ano 2009 grazas ao traballo infatigable de docentes como Conchita López, María Xosé Camba, Maíta Borrajo, Ramón Romero, Antonio Villar, Arturo Fernández ou Luis Fernández, entre outros.
No ano 2019 decidiuse sacar os fondos museísticos da sala na que se atopaban e ubicalos nos corredores e paraninfo do edificio histórico, integrándoos na súa magnífica arquitectura.
Na actualidade, é posible realizar a visita seguindo as indicacións dunha audioguía plurilingüe (galego, castelán, inglés e francés) á que se accede facilmente a través de códigos QR. Este traballo foi dirixido maxistralmente polos compañeiros de Ciencias Pilar Rodríguez e José Manuel Puente e nel colaboraron os catro departamentos de linguas do Otero Pedrayo.
A partir de agora, o museo, pertencente á rede MUPEGA, queda aberto a toda a cidadanía en horario vespertino, facendo unha reserva previa.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

"MULLERES CIENTÍFICAS: ÁNGELES ALVARIÑO E ISABEL ZENDAL"

 

Foi o título do obradoiro impartido hoxe ao noso alumnado de 1° ESO A. De forma amena e entretida, a rapazada achegouse ao mundo das vacinas a través da figura destas dúas grandes científicas. Mostraron grande interese e houbo moitísima participación. Grazas ao Servizo de Normalización Linguística por ofrecernos actividades tan interesantes.

 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut